Procedemento - Saudar, presentarse e identificarse.
- Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
- Respectar a súa intimidade e gardar a confidencialidade dos seus datos.
- Informa o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se lle vai realizar e solicitarlle a súa colaboración (Grao B) -se é posible-, recalcar a súa utilidade, usar unha linguaxe comprensible e resolver as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos, explicarlles o procedemento aos pais ou titores legais (Grao B).
- Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.
- Comprobar as súas alerxias.
- Colocar o paciente na posición axeitada.
- Realizar a hixiene de mans (Nivel I) e colocar guantes non estériles.
1. Coidados do estoma
Comprobar que ao redor da incisión non existe irritación cutánea, inflamación ou secreción e que a zona non está encarnada ou dolorosa
. Se se presenta algunha destas circunstancias, débese informar o médico de referencia.
Anexo I .pdf
Durante os primeiros 15 días, lavar o estoma, coa axuda dunha gasa estéril, con auga morna e xabón. Secar o estoma e a zona circundante con outra gasa estéril, desde a sonda cara a fóra, sen exercer presión sobre ela. Se se observa sucidade debaixo do soporte e a sonda está fixada, pódese levantar ou virar lixeiramente o soporte externo para limpalo mellor.
Aplicar unha solución antiséptica e colocar unha gasa estéril aberta debaixo do estoma. A partir da terceira semana, é suficiente con limpar diariamente o estoma con auga e xabón.
Recomendarase a utilización de roupa frouxa que non oprima o estoma.
Poderá ducharse tras una semana da colocación do estoma.
2. Coidados do soporte externo
3. Fixación da PEG ao doente
Fixar a sonda sobre a parede abdominal con cinta hipoalerxénica, aproveitando a flexión natural da sonda que sobresae do estómago. Evitaremos así que esta se dobre e reduciremos ao mínimo a presión exercida na zona de incisión.
Cambiar todos os días o esparadrapo, ou sempre que estea sucio, despegado ou deteriorado.
Rotar todos os días o punto de fixación do esparadrapo.
4. Coidados da sonda PEG
Limpar diariamente e de forma minuciosa a parte externa da PEG e o soporte externo, así como a conexión adaptadora da sonda, con auga morna e xabón suave. Aclarar e secar.
Limpar a parte interna da conexión periodicamente con auga e bastonetes de algodón.
Virar diariamente a sonda polo menos unha volta, para que non quede adherida á pel nin a agulla de aletas interna quede embebida pola parede gástrica. (Grao C)
Pechar o tapón da sonda cando non se use.
Comprobar cada dúas semanas a estanquidade das sondas con balón. Para iso, controlar a auga do balón aspirando o seu volume cunha xiringa e comprobando que este é o correcto (a cantidade está indicada no seu extremo proximal). Volver a inflalo.
5. Administración da nutrición enteral
Lavar as mans previamente á manipulación da nutrición.
O paciente estará sentado ou incorporado (posición de Fowler ou semi-Fowler) (Nivel I) durante a administración da nutrición e entre 30-60 minutos despois de finalizar esta. Se non se pode manter esta postura, colocarase de lado na cama.
Comprobar que a posición da sonda é a correcta: farase observando a gradación da sonda en centímetros.
Antes da administración da alimentación, comprobar o residuo gástrico aspirando lentamente cunha xiringa de 50 ml. (Grao C) (Nivel I). Se este é superior a 100 ml, esperarase unha hora. Pasado ese tempo, volverase a facer a comprobación: se continuase sendo superior a 100 ml, porase en coñecemento do médico. O aspirado SEMPRE se volve a introducir no estómago. Despois da aspiración de residuos, débese limpar a sonda con 30-50 ml de auga.
Comprobar que a sonda está permeable antes de cada inxestión, pasando unha xiringa con 30-50 ml de auga. (Nivel II). Se ao administrar calquera tipo de substancia se percibe algunha resistencia que impide a súa introdución, a causa pode ser que a sonda estea obstruída por restos de medicamentos ou de alimentación; neste caso, pódese introducir a través dela auga morna para que os abrande.
Despois da administración de alimentación, pasar 50 cc de auga (se a alimentación é continua, recoméndase facelo igualmente cada 6 horas) (Nivel II).
6. Administración dos medicamentos
No mesturar nunca os medicamentos coa alimentación (Grado C).
Limpar a sonda irrigando 30 ml de auga cunha xiringa antes e despois da administración da medicación (Grao C).
A administración de medicamentos debe facerse de forma líquida ou triturándoos ata obter un po fino e diluídos en 10-15 ml de auga, sempre que o permita a presentación; se a presentación non ofrecese estea posibilidade, débese escoller unha que si o faga.
Os medicamentos administraranse inmediatamente despois de seren preparados.
Administrarase cada fármaco por separado, primeiro as formas líquidas e despois as máis densas; as solucións viscosas administraranse en último lugar. Lavarase a sonda con 5 ml de auga despois de cada un.
Non se deben triturar os comprimidos efervescentes, as formas farmacéuticas con cuberta entérica, de liberación retardada, de absorción sublingual, as cápsulas que conteñen gránulos, as cápsulas xelatinosas que conteñen líquidos e os medicamentos con actividade carcinoxénica ou teratoxénica.
7. Coidado da boca dos pacientes
- Lavar a boca e cepillar os dentes e a lingua do paciente con cepillo e pasta dentífrica, aínda que non coma, polo menos dúas veces ao día. Enxaugar con auga e un antiséptico bucal. Non debe tragar a auga. Se o paciente non pode realizar estes coidados persoalmente, o coidador debe realizar a limpeza da súa boca cunha gasa e antiséptico bucal diluído. (Nivel I)
8. Cambio da PEG
- Debe facerse cada 6 meses.