Gastrostomía endoscopica percutanea

Gastrostomía endoscopica percutanea

Procedemento editado en ​2019

A protocolización dos coidados da PEG responde á necesidade de dispoñer documentalmente de pautas de actuación, co fin de proporcionar unha asistencia eficaz de máxima calidade, baseada en criterios científicos, e reducir a variabilidade asistencial, o que garantirá as medidas de seguridade esenciais para reducir a probabilidade de que ocorran incidentes e/ou eventos adversos.

A desnutrición relacionada coa enfermidade constitúe un problema sanitario de elevada persistencia e altos custos. A gastrostomía endoscópica percutánea (PEG) converteuse nun método amplamente aceptado para manter a nutrición enteral a longo prazo en pacientes que son incapaces de alimentarse por vía oral, pero nos que o seu tracto gastrointestinal segue sendo funcionante. (Nivel IV). Require unha estadía hospitalaria menor ca a inserción cirúrxica da sonda de gastrostomía, é menos custosa e é moito máis rápida.

A PEG supón a mellor alternativa á sonda nasogástrica para a alimentación enteral no ámbito domiciliario, cando se considere que o período de nutrición vai ser superior a catro semanas e a esperanza de vida superior a dous meses. (Nivel IV). Valórase a súa sinxeleza, a súa seguridade e o seu fácil manexo.

Tes mais información sobre o procedemento nos distintos apartados da información asociada.

 Autores PEG GAL.JPG

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde