0 comentarios comentarios

Para ter en conta. Temperatura

.

  • En caso de xurdir problemas cos termómetros dixitais, soe ser unha boa solución resetealos, introducir e retirar da caixa.
  • Usar sempre un termómetro por cada paciente, de non ser posible, asegúrese de empregar unha funda distinta para cada paciente ou de ter desinfectado axeitadamente o termómetro antes de pasar ao seguinte paciente.
  • Se a temperatura é significativamente anormal en calquera dos dous extremos da escala, tomar de novo a temperatura con outro termómetro.

Factores que afectan a temperatura corporal:

- A idade: o bebé que acaba de nacer presenta problemas de regulación da temperatura debido á súa inmadureza, de tal xeito que lle afectan moito os cambios externos.

- No ancián a temperatura corporal tende a estar diminuída.

- A hora do día. Ao longo da xornada as variacións de temperatura adoitan ser inferiores a 1.5ºC. A temperatura máxima do organismo acádase entre as 18 e as 22 horas e a mínima entre as 2 e as 4 horas.

Este ritmo circadiano é moi constante e mantense incluso en pacientes febrís.

- O sexo: na segunda metade do ciclo menstrual, dende a ovulación ata a menstruación, a temperatura pode elevarse entre 0.3-0.5ºC.

- Os tratamentos farmacolóxicos.

- O estrés.

- A temperatura ambiente e a roupa que se leve posta.

  • Non tomar a temperatura despois dun baño moi quente nin moi frío.
  • Se atopa unha hipotermia, esta pode ser falsa, comprobe a situación do eléctrodo e as conexións dos distintos elementos do termómetro
  • Se atopa hipertermia comprobe tamén que os datos sexan os correctos, pode non estar empregando os dispersores de calor adecuados e o eléctrodo pode estar cerca dunha fonte de calor non corporal.
  • Se se trata dun neonato ou prematuro en incubadora, comprobe a temperatura desta.
  • En nenos en shock, a temperatura cutánea pode estar anormalmente diminuída e en nenos con febre, o caso é a inversa. Consello: en ambos os dous casos regularase a temperatura por medio do aire.
  • Na temperatura oral recoméndase utilizar a cavidade sublingual dereita ou esquerda, xa que se rexistran as temperaturas máis altas. Non se debe usar en pacientes con cirurxía oral recente ou patoloxía oral. A medición de temperatura oral non é recomendable en pacientes inconscientes, axitados ou menores de 7 anos.
  • Debemos deixar pasar polo menos 15-20 minutos despois da inxestión de líquidos fríos ou quentes, mastigar goma de mascar ou chupar pastillas de mentol, cepillar os dentes, fumar ou realizar actividades esgotadoras; todo isto pode afectar á lectura da temperatura.
  • A suxeición do termómetro ten que facerse cos beizos e non cos dentes para non danar a punta da sonda.
  • Na temperatura axilar, se a axila está húmida, secala cunha toalla con sucesivos toques, sen fregar para evitar elevar a temperatura desa zona e acadar unha lectura errónea.
  • A temperatura rectal pódese indicar en nenos menores de 6 anos e en adultos inconscientes.
  • Nos nenos, a pesares do anterior, recoméndase a medición timpánica por infravermellos ou a axilar, evitando así recorrer á rectal polo risco de perforación rectal. Tamén está contraindicada en pacientes con neutropenia, polo risco remoto de causar unha infección masiva se se dana a mucosa.
  • Do mesmo modo, tampouco se pode usar en pacientes con cirurxía ou patoloxía rectal, diarreas, pacientes axitados, menores de 4 semanas de vida ou con traccións/xesos na pelve ou extremidades inferiores.
  • Posto que a temperatura aumenta 0.8ºC por cada 2,5 cm de dispositivo que se insire, recoméndase unha profundidade de 4 cm en adultos.
  • A temperatura ótica varía segundo sexa tomada no oído esquerdo ou dereito, polo tanto debemos tomar sempre a temperatura no mesmo oído.
  • O oído ten que estar libre de obstrucións ou de acumulación de cera; a presencia de cerume inflúe na lectura da temperatura timpánica cunha diferenza de 0.3ºC.
  • Algúns factores externos poden influír na medición da temperatura ótica: durmir deitado sobre un oído pode facer subir a medición nese oído, ter os oídos taponados, estar exposto a temperaturas extremas tanto altas como baixas, estarse bañando ou nadando.
  • Nos casos anteriores sería necesario esperar 20 minutos antes de tomar a temperatura.
  • En caso de ter utilizado gotas ou outro tratamento nun oído, medir a temperatura no oído que non fose tratado.
  • Tamén se ten observado diferenzas de 0.1ºC en pacientes con otite media.
 
 

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio