Procedemento. Adm. medicación vía sublingual

0 comentarios comentarios

Procedemento. Adm. medicación vía sublingual

Procedemento

Antes da administración

    1. Seguindo os cinco principios de administración da medicación, verificar: fármaco, dose, vía, hora e paciente correcto. Asegurarse de que non existe contraindicación ou alerxia ao fármaco (Grao B).
    2. Comprobar a data de caducidade (Grao B).
    3. Presentarse e identificarse.
    4. Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Sergas.
    5. Respectar a intimidade do enfermo e gardar a confidencialidade dos seus datos.
    6. Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcando a súa utilidade, usando unha linguaxe comprensible e resolvendo as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos explicarlle o procedemento aos pais (grao B)
    7. Valorar o estado de consciencia
    8. Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.

 

Administración da medicación
    9. Hixiene de mans rutineiro ou uso de solución hidroalcohólica (grao A nivel I).
    10. Colocar o paciente en posición Fowler ou semisentado, se é preciso.
    11. Verificar que a boca estea permeable, libre de alimentos, secrecións ou outros, asi como que non fumase na hora previa.
    12. Segundo o seu grao de dependencia/deterioración cognitiva, proporcionar o fármaco ao paciente e verificar a súa colocación debaixo da lingua ou, se non pode, prestarémoslle axuda utilizando luvas (asegurarnos de que o paciente non ten alerxia ao látex antes de usar luvas deste material).
    13. Explicar/instruír/vixiar:
       - Pedirlle que manteña a medicación baixo a lingua uns minutos ata que se disolva
       - Explicarlle que non a mastigue e que intente non tragar saliva durante uns minutos
       - Comprobar a súa total absorción, vixiar que non a trague.
       - Non dar líquidos nin alimentos ao mesmo tempo que a medicación sublingual
       - Non debe ser utilizada a vía sublingual cando a persoa está inconsciente ou non coopera. Comentar con facultativo/a a posibilidade de cambiar a vía de administración do fármaco.
    14. Deixar o paciente en posición cómoda e axeitada, permitíndolle un doado acceso ao timbre e obxectos persoais.
    15. Retirar as luvas se procede.
    16. Realizar hixiene de mans con xabón ou con solución hidroalcohólica.
    17. Valorar a tolerancia e os posibles efectos adversos e comunicarllos ao médico, se os hai.
    18. Asinar a administración da medicación no lugar correspondente e rexistrar as incidencias, no caso de producirse.
Lugar de colocación.JPG

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde