0 comentarios comentarios

Administración de medicación por via sublingual

Procedemento elaborado en 2021

 
A administración dun fármaco por vía sublingual é unha forma especial de vía oral pola que o fármaco, tras disolverse na saliva, chega á circulación sistémica a través da extensa rede de vasos venosos e linfáticos da mucosa sublingual e do tecido conxuntivo submucoso, evitando o efecto do primeiro paso hepático, xa que os vasos sublinguais chegan á vea cava superior.
As principais vantaxes son:
  • Fácil de administrar.
  • A velocidade de absorción e a biodispoñibilidade son superiores á vía oral.
  • Inicio de acción máis rápido, en comparación cos fármacos inxeridos pola vía oral, ao permitir o tránsito directo do principio activo á circulación sistémica.
  • Polo seu rápido efecto, é especialmente útil en situacións de urxencia (coronariopatía, hipertensión arterial, etc.).
  • Evita unha posible alteración ou inactivación gastrointestinal ou hepática (Nivel IV).
  • O efecto do medicamento pode suspenderse rapidamente, por exemplo, cuspindo a tableta.
    Entre as limitacións están:
  • Só se poden administrar substancias dosificables en pequena cantidade (poucos miligramos) ao ser limitada a superficie bucal
  • As variacións do pH bucal (entre 6,7 e 7) poden alterar a absorción
  • Se o medicamento se traga, pode causar irritación gástrica.
Os medicamentos sublinguais formúlanse como tabletas, películas, obleas ou aerosois.
Este procedemento ten como finalidade describir as actividades encamiñadas a proporcionar fármacos ao paciente para a súa rápida absorción a través dos vasos sanguíneos do leito da lingua.
 
Tes mais información sobre o procedemento nos distintos apartados da información asociada.
 
AUTORES:
  • Paula Díaz Gomez. Enfermeira. Unidade de hospitalización de Neuroloxía do H. Xeral e membro do Comité de Plans de Coidados da Área Sanitaria de Vigo.
  • Mª José Fabeiro Mouriño. Supervisora da Unidade de hospitalización de Medicina Interna do H. Meixoeiro e membro do Comité de Plans de Coidados da Área Sanitaria de Vigo.
  • Clara González Formoso. Enfermeira. Unidade Calidade Área Sanitaria Vigo.
  • Lucía Méndez Pérez. Enfermeira. Unidade de hospitalización de Medicina Interna do H. Meixoeiro e membro do Comité de Plans de Coidados da Área Sanitaria de Vigo.
  • Dolores Muiños Pérez. Responsable do Aplicativo Gacela e Presidenta do Comité de Plans de Coidados da Área Sanitaria de Vigo.
  • Ana Isabel Novoa López. Supervisora do Servizo de Urxencias pediátricas do H. Xeral e membro do Comité de Plans de Coidados da Área Sanitaria de Vigo.
  • Concepción López Melendez. Enfermeira. Responsable da Unidade de Feridas da Área Sanitaria de Vigo.
  • Inmaculada Pardo Lemos. Supervisora da Unidade de Calidade da Área Sanitaria de Vigo.

REVISORES:

  • Lidia Campos Chan. Supervisora de Enfermería Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
  • Ana Isabel Váquez Martínez. Supervisora de Calidade Hospital A Mariña.
  • Begoña Fariñas Lorenzo. Enfermeira U. Calidade Área Sanitaria Vigo.
  • Ana García Fernández. Enfermeira Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
  • Ana Mª Gómez Gómez. Enfermeira Área Sanitaria Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio