Lote 8. Agulla para extracción con campá portatubos premontada

Lote 8. Agulla para extracción con campá portatubos premontada

As agullas de seguridade  utilízanse para a realizar técnicas de venopunción coas máximas garantías de seguridade. O produto está destinado para ser utilizado en combinación con tubos de extracción de sangue ao baleiro. O especial deseño do corpo da agulla permite visualizar o sangue antes de utilizar o primeiro tubo verificando deste xeito a correcta canalización da vía.
Grazas ao seu deseño unha vez activado, feito que se pon de manifesto mediante un click audible, non é posible retiralo e por tanto sempre illa a cánula contaminada, protexendo deste xeito aos usuarios e profesionais implicados.
O protector da cánula dispón dun punto negro que indica ao extractor a posición do bisel antes de descapsular a cánula.
 

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde