Obxectivos e diagnósticos de enfermería. Vía venosa periférica

Obxectivos e diagnósticos de enfermería. Vía venosa periférica

OBXECTIVOS:

 

Obxectivo xeral:

 

Definir as accións que se van desenvolver para a inserción, mantemento e retirada dun catéter venoso periférico para fins terapéuticos e/ou diagnósticos.


Obxectivos específicos:

  • Estandarizar os criterios de calidade e boa práctica (evidencia) deste procedemento.

  • Diminuír a incidencia da infección por catéter en vías venosas periféricas.

  • Diminuír a incidencia de complicacións por catéter (flebite química, extravasación etc.) en vías venosas periféricas.

 

Diagnósticos de enfermería relacionados: Principais diagnósticos de enfermaría (NANDA-I)  relacionados:

 

  • 00004 Risco de infección

  • 00047 Risco de deterioración da integridade cutánea

  • 00206 Risco de sangrado

  • 00213 Risco de traumatismo vascular

  • 00248 Risco de deterioración da integridade tisular​

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde