0 comentarios comentarios

Temperatura Axilar

.

  1. Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
  2. Identificarnos con nome e apelidos.
  3. Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.
  4. Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcar a súa utilidade, usar unha linguaxe comprensible e resolver as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos explicarlle o procedemento aos pais (Categoría IB).
  5. Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.
  6. Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
  7. Realizar hixiene de mans con solución hidroalcohólica segundo procedemento. Non é preciso o uso de guantes agás existencia de feridas ou risco de exposición a fluídos corporais. A suor non é considerada de risco biolóxico).
  8. Proceder á toma da Tª.

Temperatura axilar
En todos os  casos se comprobará que a pregadura axilar está seca.


Con termómetro electrónico: Seguindo sempre as instrucións do fabricante, retirar a sonda do seu compartimento e verificar que o aparato está preparado para a toma que se vai realizar. Poñer unha funda na sonda.
Levantar o brazo e colocar a punta da sonda na zona de medición, evitando calquera contacto coa roupa ou outro material xa que podería dar lugar a lecturas erróneas. Colocar a sonda paralela ao brazo e non movela durante a medición. Se o doente non é quen de aguantar a posición (nenos, axitación, coma...) será o persoal quen manteña o brazo e a sonda na posición axeitada.
Cando a medición remate, retirar a sonda e expulsar a funda.


Con termómetro dixital: Colocaremos o termómetro na pregadura axilar e poñer o brazo cruzado sobre o tórax.
Debe quedar correctamente colocado, a parte metálica en contacto coa pel e que o sensor forme un ángulo de aproximadamente 30º co corpo. Esperar a que pite e retirar. Desinfectar e gardar o termómetro na base.

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio