Medicamento: Sustancia que, administrada interior ou exteriormente a un organismo animal, serve para evitar, curar ou aliviar a enfermidade e corrixir ou reparar os danos desta. É un ou máis fármacos integrados nunha forma farmacéutica destinado para a súa utilización en persoas ou animais, mellorar o estado de saúde ou modificar estados fisiolóxicos.
Vía de administración: Ruta de entrada ou medio polo que os medicamentos son introducidos no organismo.
Administración de medicamentos: Darlle a unha persoa unha única dose de medicamento.
Administración de medicamentos por vía oftálmica: Administración dun fármaco a nivel ocular, a través da instilación de colirios ou da aplicación de pomadas oftálmicas.
Pomada oftálmica: Preparación semisólida destinada á súa aplicación sobre a conxuntiva.
Colirio oftálmico: Solución ou suspensión acuosa ou oleosa destinadas á instilación ocular.
Baños oculares: Solución acuosa destinada a ser instilada ou aplicada no ollo, habitualmente para o lavado ocular.
Saco conxuntival: Espazo comprendido entre os pálpebras e o globo ocular.
Fármacos oftalmolóxicos: Son os que se utilizan para tratar a patoloxía dos ollos. Algúns son de uso exclusivamente oftálmico e outros son de uso xeral ou preparacións especiais de uso xeral específicas para os ollos.
Pálpebras: Son dúas estruturas que protexen o globo ocular pola súa parte anterior sen interferir na función visual.