Anexo. Categorización das recomendacións do CDC e HICPAC

0 comentarios comentarios

Anexo. Categorización das recomendacións do CDC e HICPAC

Esquema de categorización para as recomendacións do CDC (Center of Disease Control)/HICPAC (Healthcare Infection Control Practices Advisory Committee)


Categoría IA
Forte recomendación sustentada por estudos experimentais, clínicos ou epidemiolóxicos ben deseñados.
Categoría IB
Forte recomendación sustentada por algúns estudos clínicos ou epidemiolóxicos e por razóns teóricas, polo que tamén se recomenda a súa aplicación en todos os hospitais. Evidencia obtida a partir de ensaios clínicos controlados sen asignación aleatoria de deseño axeitado.
Categoría II
Débil recomendación suxerida por implementación e soportada por algúns estudos clínicos ou epidemiolóxicos ou por fortes razóns teóricas, polo que, aínda que se recomenda a súa aplicación, admítese que non se aplique en todos os hospitais.
Categoría non resolta (NR)
Non existe evidencia suficiente ou consenso sobre a súa eficacia.

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde