Aplicar soamente sobre pel intacta. Evitar os helomas ou as zonas con úlceras ou cicatrices.
Absterse de aplicar movementos rápidos ou repiqueteantes.
Se o monofilamento se desliza accidentalmente sobre a pel, repítese a proba nesa zona máis adiante durante a secuencia.
O monofilamento consérvase seguindo as instrucións do fabricante.
Límpase con auga xabonosa e sécase cun pano limpo.
O monofilamento non se pode utilizar en máis de 10 pacientes sen un período de recuperación de 24 horas.
A exploración física dos pés para valorar os factores de risco de ulceración ou amputación debe ser realizada por un profesional da saúde (nivel Ib).
A exploración física debe realizarse unha vez ao ano en todas as persoas diabéticas de máis de 15 anos e a intervalos frecuentes naquelas persoas cun maior risco (nivel IV).
A valoración dos factores de risco do pé debe incluír: historia previa de úlceras do pé, sensibilidade, anomalías estruturais e biomecánicas, circulación e conduta e coñecementos respecto ao autocoidado (anexo II) (nivel IV).