Revisado en decembro 2022
PREPARACIÓN PREVIA
1. Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no SERGAS.
2. Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.
3. Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se lle vai realizar (Grao C). e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcando a súa utilidade, usar unha linguaxe comprensible e resolver as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos, explicarlles o procedemento aos pais (Grao B).
4. Solicitar o seu consentimento (Grao C) de forma verbal, sempre que sexa posible.
5. Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
6. Comprobar as alerxias do paciente.
7. Comprobar se é portador de prótese dental móbil, e en caso afirmativo, retirala.
8. Colocar o paciente en posición axeitada: idealmente sentado en posición vertical coa cabeza apoiada en almofadas; cando non se poda lograr unha posición erguida, coloque o paciente o máis erguido posible ou recósteo de lado coa cabeza ben apoiada en almofadas.
9. Dispoñer todo o material necesario.
10. Realizar hixiene de mans (Grao A Nivel I), rutineiro ou uso de solución hidroalcohólica.
11. Pór luvas non estériles.
TÉCNICA DE SONDAXE
1. Comprobar a permeabilidade das fosas nasais para poder identificar as obstrucións que puideran impedir a intubación.
• Se o paciente está consciente, pedirlle que se asoe e examinar os orificios nasais para comprobar a súa permeabilidade. Explicarlle que respire alternativamente por cada un dos orificios mentres bloquea o contralateral. Escolleremos o orificio polo que respire mellor 10.
• Observaremos se existe algunha desviación do tabique nasal. Nese caso elixiremos o orificio nasal contrario ao lado desviado.
2. Comprobar que a SNG estea en perfectas condicións de uso (que non estea rota, defectuosa e que sexa permeable).
3. Medir a lonxitude da sonda que se vai introducir: dende a punta do nariz ao lóbulo da orella e ao apéndice xifoide (medición NOX: Nariz-Orella-Xifoide). Marcar a sonda con rotulador permanente.
4. Lubricar a parte exterior da SNG segundo as instrucións do fabricante.
5. Reclinar a cabeza do paciente lixeiramente cara atrás.
6. Introducir suavemente a sonda a través da fosa nasal elixida, deslizándoa cara a atrás e cara a dentro ao longo do piso do nariz ata a nasofarinxe. Se aparecen náuseas retiraremos a sonda uns centímetros, esperaremos a que se recupere e seguiremos introducindo a sonda. A medida que o tubo descende cara á nasofarinxe, a menos que estea contraindicada a deglutición, pedirlle ao paciente que comece a tragar.
7. Colocar a cabeza do paciente lixeiramente inclinada cara adiante tras pasar a nasofarinxe.
8. Introducir a sonda suavemente con movementos rotatorios ata chegar ao punto marcado. Nos pacientes adultos e conscientes, facilitar o procedemento solicitándolle que respire pola boca e degluta durante a técnica. Nos nenos, aproveitar as inspiracións durante o choro para facer progresar a sonda.
• Interromper a manobra e retirar a sonda uns centímetros se atopamos resistencia, o doente tose, se esgana, se se pon cianótico, ou se a sonda se envolve sobre si mesma, quedando na boca. Tras uns minutos de descanso continuar coa introdución ata a marca sinalada.
• Se a resistencia persiste, repita o procedemento na outra fosa nasal e considere a posibilidade de cambiar a sonda por unha de menor diámetro.
9. Fixar a sonda cun sistema de fixación axeitado, evitar ulceracións na fosa nasal e coidando de deixar a marca de medición NOX visible. Tirar suavemente dela para comprobar que non se despraza. Non interceptar o campo visual. Fixar o extremo aberto da sonda ao ombreiro do paciente para evitar traccións (salvo nos neonatos).
10. Se a sonda leva fiador, retiralo.
11. Comprobar a correcta colocación da sonda:
Proba de primeira liña: o único método recomendado para comprobar a correcta colocación da sonda nasogástrica antes do primeiro uso é a radiografía de abdome superior. A comprobación radiolóxica da colocación correcta da SNG deberá vir acompañada de informe radiolóxico ou ser valorada polo facultativo responsable, e deixar constancia na historia clínica do paciente.
Cando a sonda é de aspiración non é necesaria a comprobación radiolóxica. Neste caso a comprobación realizarase mediante aspiración do contido luminal, infundindo 20-30 cc de auga temperada previamente se é preciso
Proba de segunda liña: (Medición del pH.pdf): esta proba non se debería empregar antes do primeiro uso da SNG, pois podería malinterpretarse unha regurxitación esofáxica ou unha broncoaspiración. Unha vez comprobada a correcta colocación mediante a radiografía, xa en comprobacións posteriores si poderían usarse as medicións do pH. A proba consiste en medir o pH gástrico con tiras reactivas. O punto de corte da lectura do pH pode diferir segundo as fontes, pero nunca debe exceder de 5,5. Un pH entre 4 e 5,5 pode ser indicativo de que a sonda se atope a nivel esofáxico e sería necesario confirmar a posición correcta mediante radiografía. Para a obtención dunha mostra de aspirado pola sonda, proceder como segue:
1. Empregando unha xiringa de 50-60 ml, insuflar lentamente 10-20 ml de aire para limpar a luz da sonda e separala da parede do estómago. En nenos (non neonatos) empregar xiringa de 2-5 ml e insuflar 1-5 ml de aire. A continuación, aspirar suavemente coa mesma xiringa polo menos de 0,5 a 1 ml de contido.
2. Se non se obtén mostra ningunha, repetir o paso 1 e a continuación aspirar usando unha xiringa de 10 ml.
3. Se segue sen obter mostra ningunha, agardar 30 min e volver repetir os pasos 1 e
12. Se a sonda:
Está correctamente colocada, rexistrar na historia clínica do paciente a lonxitude externa desta e marcar con tinta indeleble o punto de saída da sonda do nariz.
Non está correctamente colocada, retirala.
13. Segundo a finalidade da sondaxe, conectar a bolsa colectora, ao equipo de alimentación ou de aspiración, ou ben pechar co tapón.
14. Deixar ao paciente en posición cómoda e axeitada.
15. Recoller o material empregado.
16. Retirar as luvas e realizar a hixiene de mans (lavado de mans rutineiro, segundo procedemento).