GALEGO
CASTELLANO
FEMORA
Inicio
Procedementos
Administración de medicación
Biomedidas
Eliminación
Feridas
Nutrición
Probas diagnósticas
Seguridade
Vía respiratoria
Vías, sondas e drenaxes
Vídeos
Procedementos
> Vías, sondas e drenaxes
> Colocación e coidados da SNG
> Para ter en conta.SNG
Para ter en conta.SNG
Para ter en conta.SNG
.
Observacións
As habilidades e as competencias dos profesionais sobre o manexo da SNG deben revisarse periodicamente.
Ter en conta as contraindicacións (
Anexo Contraindicacións.pdf
e complicacións (
Anexo Complicacións.pdf
)
Algúns pacientes teñen un risco moito maior que outros para unha colocación accidental dunha SNG no tracto pulmonar. Entre estes factores atópanse: nivel alterado da conciencia, diminución o ausencia do reflexo nauseoso, sedación intensa e enfermidade crítica.
Nos pacientes inconscientes hai que vixiar a posible aparición de cianose, xa que o reflexo da tose pode estar diminuído ou ser inexistente.
Non repita o procedemento máis de 3 veces. Deixe o procedemento se o paciente presenta signos de angustia.
Indicar ao paciente como ten que moverse para evitar tiróns e desprazamentos da sonda, informándoo das posibles sensacións que pode ter: sequidade de gorxa, dificultade para tragar ou sensación de corpo estraño.
Se ao realizar o aspirado gástrico para a comprobación da correcta colocación obtemos contido bilioso ou verdoso, é posible que xa esteamos en duodeno, polo que retiraremos un pouco a sonda e volveremos a comprobala.
Aínda sendo as tiras de pH a proba de primeira liña, a súa limitada precisión e a dificultade para diferenciar os resultados colorimétricos polos profesionais, fan necesario investigar métodos máis precisos e seguros para confirmar a colocación correcta da SNG.
A inspección visual de aspirado e a auscultación da insuflación de aire, non son indicadores fiables da colocación correcta e non debe confiarse nelas (grado B).
Todas as radiografías que se lle fagan a un paciente con SNG deben levar especificado que o paciente é portador de sonda.
En prematuros e neonatos, para calcular a lonxitude da sonda que se vai introducir hai que medir a distancia desde a ponte nasal ata o apéndice xifoides.
Non hiperestender ou hiperflexionar o colo do lactante; pode ocluír as vías aéreas.
Compartir
Enviar
951 votos
Votar
[951] Votar
Imprimir
Converter a PDF
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Atención á cidadanía
Accesibilidade
Aviso legal
Mapa do Portal
Contacte