Glicemia: Presenzza de glicosa no
sangue, no plasma ou no soro.
Glicemia
capilar: Análise do nivel de glicosa no sangue, obtida por
punción de vasos capilares.
Glicómetro:
Aparello para medir a concentración de glicosa nun líquido. En
medicina úsanse glicómetros miniaturizados, precisos e de fácil
manexo, para medir directamente a glicemia nunha gota de sangue
capilar obtida por punción da xema do dedo ou o lóbulo da orella, o
que facilita aos pacientes con diabetes o autocontrol da sua
enfermidade.
Hiperglucemia:
Aumento anormal da concentración sanguínea, plasmática ou sérica
de glicosa, propio dos estados de intolerancia aos hidratos de
carbono, como a diabetes mellitus.
Hipoglucemia:
Diminución anormal da concentración sanguínea, plasmática ou
sérica de glicosa, de causa diversa, que cursa con síntomas
vexetativos, como fame, sudación, palpitacións, tremor, ansiedade,
cambios do comportamento, confusión, crises convulsivas e perda do
coñecemento; se se prolonga no tempo, pode producir a morte. Con
frecuencia é iatróxena, por administración excesiva de insulina ou
algúns antidiabéticos orais.
Lanceta
de seguridade: dispositivo de plástico dun só uso, con agulla
incorporada, preparada para minimizar a dor e a lesión na pel. Está
dotado dun sistema de seguridade: despois da punción a agulla
retráese de forma automática e irreversible dentro do dispositivo.
Mostra
de sangue capilar: Obtención dunha mostra de sangue
arteriovenosa periférica por punción transcutánea do corpo, como
no talón, nun dedo ou outro lugar.
Tira
reactiva de glicosa: son microchips que permiten realizar nunha
gota de sangue a determinación de glicemia. Son soportes plásticos
de distintos tamaños que conteñen un reactivo nunha zona especial
na tira que, en contacto coa mostra de sangue, producen unha reacción
que mediante un aparello medidor (reflectómetro ou biosensor)
permite coñecer o nivel da glicemia.