OBXECTIVOS
Obxectivo xeral
Proporcionar unha ferramenta de traballo que permita unificar e coordinar as actuacións de enfermería na administración de medicamentos por vía inhalada.
Obxectivo específico
Manexar eficazmente os distintos dispositivos de inhalación e nebulización.
Mellorar o intercambio de gases e a limpeza de vías aéreas.
Coidar a integridade da membrana da mucosa oral tralo tratamento con inhaladores.
Garantir o cumprimento do tratamento e aumentar os coñecementos tanto de técnica de administración como de autoxestión de saúde.
Aumentar a tolerancia á actividade en pacientes con patoloxía pulmonar.
Diagnósticos de enfermería relacionados
Diagnósticos NANDA
• 0030 Deterioro de intercambio de gases.
• 00031 Limpeza ineficaz de vías aéreas.
• 00032 Patrón respiratorio ineficaz.
• 00045 Deterioro da integridade da membrana da mucosa oral.
• 00047 Risco de deterioro da integridade cutánea.
• 00079 Incumprimento do tratamento.
• 00092 Intolerancia á actividade.
• 00126 Coñecementos deficientes.
• 00146 Ansiedade.
• 00161 Disposición para mellorar os coñecementos.
• 00198 Trastorno do patrón do sono.
• 00247 Risco de deterioro da membrana da mucosa oral.
• 00293 Disposición para mellorar a autoxestión da saúde.
• 00298 Diminución da tolerancia á actividade.