Administración de medicación por vía intramuscular

0 comentarios comentarios

Administración de medicación por vía intramuscular

Procedemento actualizado en 2021

As inxeccións intramusculares son unha técnica común de enfermería usada para administrar medicamentos en zonas profundas do tecido muscular. En todo o mundo, cada ano realízanse 12 mil millóns de tratamentos mediante esta vía. Non obstante, non é un procedemento simple e as técnicas de inxección non seguras estímanse que teñen un impacto significativo sobre a morbilidade e mortalidade dos pacientes, polo que é fundamental ter estandarizadas as normas da súa correcta realización, asegurando así a calidade dos coidados que prestamos aos nosos pacientes de forma eficiente e segura.
A vía intramuscular (IM) emprégase para a administración de fármacos que pola vía oral se absorben mal ou son degradados, asegurar o cumprimento terapéutico ou como unha opción á vía oral en pacientes cirúrxicos ou con vómitos, ou para conseguir un efecto máis rápido.
A biodispoñibilidade do fármaco por vía IM depende de varios factores como a área de vascularización da área de inxección, grao de ionización, solubilidade lipídica do fármaco, volume de inxección etc.
Este procedemento pretende axudar a maximizar os efectos terapéuticos da medicación administrada, minimizando ou eliminando o risco potencial de eventos adversos ou o malstar do paciente asociado coas inxeccións IM.
 
 
Tes mais información sobre o procedemento nos distintos apartados da información asociada
 
 
AUTORES:
María Álvarez Larrán. Enfermeira. Centro Saúde Rosalía Castro. Área Sanitaria Vigo.
Begoña Fariñas Lorenzo. Enfermeira U. Calidade Área Sanitaria Vigo.
Clara González Formoso. Enfermeira. U. Calidade Área Sanitaria Vigo.
Begoña Rodríguez Graña. Enfermeira Centro Saúde Rosalía Castro. Área Sanitaria Vigo.
Carmen Soto Davila. Enfermeira. Centro Saúde Nicolás Peña. Área Sanitaria Vigo.
Belén Vázquez Pacheco. Enfermeira. Área Sanitaria Vigo.
Concepción López Meléndez. Enfermeira. Área Sanitaria Vigo.
 
REVISORES:
Mª del Mar Castro Murias. Supervisora. Medicina Preventiva HULA. Área Sanitaria Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos
Mª de los Ángeles Martínez López. Supervisora Calidade Hospital Monforte de Lemos. Área Sanitaria Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos
Ana Isabel Váquez Martínez. Supervisora de Calidade Hospital A Mariña. Área Sanitaria Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos
Aida Basanta Basanta. Enfermeira. Centro Saúde Mondoñedo. Área Sanitaria Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos
Inmaculada Pardo Lemos. Supervisora U. Calidade Área Sanitaria Vigo.
Lidia Raquel Jiménez Díaz. Enfermeira HULA.
Iria Martínez García. Enfermeira CHUAC. Área Sanitaria A Coruña e Cee.
Mª Teresa Pérez Rodríguez. Enfermeira Hospital Monforte de Lemos. Área Sanitaria Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos
Pedro Pita Miño. Supervisor enfermería. Hospital Arquitecto Marcide. Área Sanitaria de Ferrol.
Paula Urones Cuesta. Enfermeira CHUAC. Área Sanitaria A Coruña e Cee.
 
 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde