Procedemento. VMNI

1 comentarios comentarios

Procedemento. VMNI

Procedemento

  1. Comprobe a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
  2. Respecte a súa intimidade e garde a confidencialidade dos seus datos. 
  3. Informe o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se lle vai realizar e solicítelle a súa colaboración: se é posible, recalque a súa utilidade. Use unha linguaxe comprensible e resolva as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos, explíquelles o procedemento aos seus pais/titores. 
  4. Solicítelle o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible. 
  5. Identifique os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
  6. Comprobe as posibles alerxias do paciente.
  7. Confirme a prescrición médica da terapia.
  8. Realice a hixiene de mans.
  9. Prepare o equipo necesario para a instauración da VMNI na modalidade indicada (CPAP ou BiPAP), tanto do ventilador mecánico e das súas partes coma dos equipos auxiliares e os distintos elementos propios de cada modelo, seguindo as indicacións de uso recomendadas polo fabricante.
  10. Coloque o paciente na posición adecuada: posición de Fowler (45º) ou de semi- Fowler (35º) (diversos estudos afirman que esta posición reduce o número de pneumonías asociadas ao respirador en pacientes con intubación orotraqueal e respiración mecánica), para facilitar o traballo respiratorio e diminuír o risco dunha posible aspiración. Así e todo, en situación de pandemia por SARC-CoV2 ensaiouse con éxito a combinación de VMNI e posición decúbito prono.
  11. Monitorice o paciente: FC, FR, PA, saturación de O2, Tª, se se precisa.
  12. Comprobe e asegúrese da permeabilidade das vías aéreas, aspirando secrecións e retirando obxectos que a poidan comprometer (próteses dentais etc.).
  13. Valore a hidratación das mucosas e aplique solución hidratante nos labios (débense evitar vaselinas ou cremas oleosas, polo risco de queimaduras ao entraren en contacto co O2), no nariz e na mucosa nasal, especialmente se se utiliza a máscara facial como interfase.
  14. Escolla a interfase adecuada: a gran variedade de interfases existentes no mercado permítenos a individualización; busque un equilibro entre a comodidade do paciente e a administración do tratamento ventilatorio.11,16 A maior parte dos dispositivos inclúen un medidor da cavidade oronasal para a adecuada elección da interfase (Medidores cavidad oronasal GAL.JPGMedidores cavidade oronasal.JPG).Aos pacientes lactantes e neonatos, para evitar fugas pola boca, hai que colocarlles o chupete cando se use a CPAP nasal.
  15. Coloque preferentemente un apósito polimérico ou, no seu defecto, un hidrocoloide en zonas de presión (o arco nasal, a fronte, a zona malar etc.).
  16. Sitúe o arnés pola parte posterior da cabeza, co ventilador mecánico programado e disposto para iniciar a técnica; tras suxeitalo, deberá permitirlle o paso de dous dedos.
  17. Poña en funcionamento o ventilador antes da colocación da interfase.
  18. Coloque a interfase que corresponda, ben axustada e estable para evitar fugas, sen exercer presión.
  19. Axuste os parámetros ventilatorios no respirador de forma gradual, segundo a situación do paciente, seguindo a prescrición facultativa.
  20. Observe e valore os signos de boa adaptación do paciente ao dispositivo, así como a melloría do seu estado respiratorio, do esforzo para respirar e da diminución da dispnea (loita co respirador, ansiedade, cianose, nivel de conciencia…).
  21. Axuste as alarmas dos parámetros de volume e presión, segundo se requira.
  22. Deixe o paciente en posición cómoda e adecuada, de xeito que poida acceder facilmente ao timbre de chamada e aos obxectos persoais.
  23. Facilítelle a comunicación, proporcionándolle medios de escritura ou elementos visuais a través de taboleiros, cadernos...
  24. Garanta a comunicación co persoal sanitario e coa familia, especialmente no caso de nenos, persoas que non falen o mesmo idioma...
  25. Recolla o material.
  26. Realice o lavado hixiénico de mans.
  27. Rexistre o eu traballo.

Comentarios:
  • avatar Carlos Argibay dixo:
    mércores, 8 de xuño 2016 ás 20:45
    O punto 19 repitese o texto duas veces
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde