Para ter en conta. Osixenoterapia

4 comentarios comentarios

Para ter en conta. Osixenoterapia

.

 Observacións

  • O osíxeno é un medicamento e, como tal, debe ser administrado baixo prescrición facultativa e na cantidade menor necesaria para acadar o efecto adecuado.
  • A osixenoterapia non presenta contraindicacións específicas pero, igual que ocorre co resto de medicamentos, o osíxeno pode dar lugar a reaccións adversas e complicacións. Débese ter especial precaución ao lles administrar O2 aos pacientes con EPOC que teñan retención de CO2 (Nivel IV). Neste caso, tense que vixiar a aparición de somnolencia ou se as excursións respiratorias son lentas.
  • Sempre se debe ter en conta o risco de toxicidade por osíxeno, que pode producir danos nos tecidos. Non está acordada na literatura a cantidade de O2 e a duración necesaria para producir toxicidade (Nivel IV), pero a inhalación de O2 en doentes que non teñen hipoxemia xera un exceso de radicais libres tóxicos.
  • A osixenoterapia pode ser menos eficaz cando hai anemia ou alteracións circulatorias (Nivel IV).
  • A osixenoterapia ten un efecto de sequidade na mucosa oral (Nivel IV). Hai que vixiar a hidratación da mucosa nasal e oral.
  • O uso continuado das máscaras ou cánulas nasais pode producir úlceras por presión ou irritación da pel (Nivel IV). Hai que vixiar a aparición de úlceras nas zonas de presión que, en función do dispositivo, serán as orellas, as fosas nasais, a cara, a barbela, o coiro cabeludo.
  • Existe un risco de contaminación bacteriana dos sistemas de nebulización e humidificación, o que pode incrementar o risco de infección.
  • Evitar a aspiración tras as comidas.
  • Limpar diariamente os dispositivos de administración de osíxeno de sucidade e os restos de secrecións.
  • Vixiar regularmente a posición e o axuste do dispositivo, xa que pode afrouxarse ou soltarse. Vixiar a presenza de fugas no sistema. Vixiar acobadaduras que impidan o fluxo de osíxeno.
  • Valorar a resposta ao tratamento mediante a frecuencia respiratoria, pulsioximetría ou gasometría arterial segundo estea indicado.
  • O paciente e/ou os coidadores serán adestrados sobre a adecuada limpeza e conservación dos dispositivos. No caso de usar humidificadores, o vaso ten que lavarse unha vez á semana con auga e deterxente, despois hai que enxaugar cunha solución dunha parte de vinagre e 10 de auga e, por último, débese enxaugar de novo con auga quente.
  • As concentracións elevadas de osíxeno van acompañadas do risco de incendio porque o O2, aínda que non é un gas inflamable, favorece que ardan outros materiais ao acelerar a combustión. Como precaución de seguridade, está prohibido fumar e non se deben usar equipos eléctricos (máquina de afeitar, secador de pelo...) (Nivel I)

Precaucións co O2.JPG

 

 

 

 

 

 

Comentarios:
  • avatar Xustiza divina dixo:
    sábado, 2 de marzo 2019 ás 17:03
    As presuntas asasinas que non saben nin falar inglés xa non rin como antes. A queimadiña, a Auschwitz, a "sólo se informa unha vez en la vida", o gorila, a "miña irmá é famosa e por queeeeeee, Patochito perigoso, o clan da Sagrada co prezado produto, Regimalegro, e a raíña Doris, onde foi Doris? A. non te quero ver diante, santa Rita Rita, a tesoura non se quita. E o que vos resta. Dorissssss. Con Femora e grazas a Femora, fin do conto.
  • avatar Aptenarply this is what the esteemed Willis was talkin' 'bout. dixo:
    xoves, 6 de xullo 2017 ás 03:17
    Aptenarply this is what the esteemed Willis was talkin' 'bout.
  • avatar Robert Revett - In my opinion the wedding went flaslewsly and without a hitch. The groom was good looking and of course if I sound a little biased on the subject, of which I can, the bride was extremely gorgeous and in her element. dixo:
    xoves, 6 de xullo 2017 ás 02:49
    Robert Revett - In my opinion the wedding went flaslewsly and without a hitch. The groom was good looking and of course if I sound a little biased on the subject, of which I can, the bride was extremely gorgeous and in her element.
  • avatar It's posts like this that make surfing so much plsuraee dixo:
    xoves, 6 de xullo 2017 ás 01:37
    It's posts like this that make surfing so much plsuraee
Publica o teu comentario
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde