• Medir intervalos (PR,QRS,QT)
• Analizar ondas (P.QRS,ST,T)
Eixe eléctrico
Mulleres obesas ou con grandes peitos, colocar os eléctrodos debaixo do peito para reducir a alteración da onda R.4
Utilización de eléctrodos desbotables para minimizar a propagación de xermes e evitan a aparición de hematomas producidos pola utilización de ventosas. Especial coidado en pacientes illados.
Pódese seleccionar ECG manual ou automático. No manual obteremos 3 ou 4 complexos de cada derivación.
Se mentres realizamos o ECG vemos que o rexistro está fibrilado, hai un botón no electrocardiógrafo chamado filtro que ao premer deixa ver as derivacións máis claras.
Se o que se solicita é unha tira de ritmo, colocar soamente os eléctrodos de extremidades.
A correcta interpretación do trazado esixe a ausencia de artefactos, o que se consigue evitando contactos involuntarios con superficies metálicas e solicitándolle ao paciente que, na medida do posible, permaneza inmóbil —sen tusir, falar...— durante a proba.
En caso de pacientes con membros amputados ou con presenza de férulas nalgún deles, colocar os eléctrodos na zona máis distal posible.
Se o paciente non ten algún membro, colocar o eléctrodo no tronco, o máis cerca posible da extremidade amputada, poñendo na extremidade contralateral á mesma altura.
Se o paciente ten tremores incontrolados nas extremidades, colocar os eléctrodos na parte superior destes para mellorar a calidade do rexistro.
As derivacións II e V1 son de especial importancia para valorar arritmias e deben rexistrarse polo menos nove complexos QRS.
Se o paciente é portador de marcapasos ou desfibrilador, farase constar no rexistro.
Se o paciente realizou exercicio ou tomou algún produto estimulante/ excitante pouco antes da proba, pódese alterar o rexistro; de ser o caso, hai que anotalo para a súa consideración na interpretación do resultado.
Se se detectase algún dato anómalo no trazado electrocardiográfico, non retirar o equipo e avisar o médico.
Convencionalmente, a orde do rexistro é a seguinte:
1.º Derivacións bipolares das extremidades: DI, DII, DIII.
2.º Derivacións monopolares das extremidades: AVR, AVL, AVF.
A colocación incorrecta das derivacións precordiais pode causar un falso diagnóstico de infarto (nivel IV).
O uso excesivo de xel nos sistemas de eléctrodos pode conducir a erro (nivel IV).
Os factores que conducen a un mal trazado no rexistro do ECG inclúen: (nivel IV)
• Interferencia eléctrica
• Tremor do músculo esquelético
• Inadecuada preparación da pel
• Colocación incorrecta do paciente
• Maior grao de esforzo respiratorio