0 comentarios comentarios

Electrocardiograma

Procedemento para a realización dun electrocardiograma.

Procedemento actualizado en 2019

Para a correcta realización do ECG estándar é transcendental non só a correcta calibración do equipo de rexistro, senón unha preparación apropiada do paciente e unha colocación axeitada dos eléctrodos. A calidade do rexistro final dependerá, en gran parte, da correcta aplicación das nosas habilidades.
Diversos autores estudaron en distintas circunstancias as consecuencias dunha errónea colocación dos eléctrodos, xa sexan esquerdos ou dereitos, posteriores ou en mulleres obesas, chegando á conclusión de que poden producir alteracións substanciais nas formas das ondas do ECG.
Por outra parte, a confusión dun artefacto cunha entidade diagnóstica importante pode levarnos a un erro de diagnóstico.
O electrocardiograma é un procedemento diagnóstico non invasor, doadamente reproducible e seguro. Trátase dunha ferramenta fundamental na avaliación cardiolóxica inicial e no control e seguimento de gran número de enfermidades cardíacas. Na actualidade, a realización do ECG pasou de ser unha técnica relegada exclusivamente ás consultas de cardioloxía a estar presente en todos os servizos, tanto hospitalarios coma extrahospitalarios.
O estudo electrocardiográfico permite establecer o diagnóstico das alteracións cardíacas relacionadas coas alteracións da repolarizacion e cos trastornos do ritmo e da condución a través do estudo da actividade e da condución eléctrica do corazón.
Autores GAL.JPG

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio