Procedemento de extracción de fecalomas

4 comentarios comentarios

Procedemento de extracción de fecalomas

.

  1. Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
  2. Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.
  3. Informar o paciente e/ou o coidador principal (ou titores legais) do procedemento que se vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcar a súa utilidade, usar unha linguaxe comprensible e resolver as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos explicarlles o procedemento aos pais.
  4. Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.
  5. Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
  6. Comprobar na historia clínica do paciente ou indagar mediante entrevista co usuario e/ou familia a existencia de hemorroides, fisuras anais...
  7. Realizar hixiene de mans e colocación de luvas.
  8. Colocación do paciente en posición de decúbito lateral dereito, co xeonllo esquerdo lixeiramente flexionado (esta posición sitúa o colon sigmoideo na parte máis alta e facilita a extracción das feces) cun empapador debaixo do enfermo para protexer a roupa da cama. 
  9. Se non tolera a posición anterior, colocar o paciente en decúbito supino con ambas as dúas cadeiras e xeonllos flexionados.
  10. Manter  a cuña preto do enfermo para depositar os restos fecais.
  11. Administrar lubricante anestésico na ampola rectal e agardamos uns 10 minutos a que faga efecto.
  12. Lubricamos, así mesmo, o dedo índice da nosa man dominante e comunicámoslle ao paciente que iniciamos o proceso e pedímoslle que inspire profundamente e que expire con lentitude. Así promóvese a relaxación do esfínter anal externo.
  13. Introducir lentamente o dedo índice no recto e pídeselle ao paciente que realice un esforzo defecatorio.
  14. Suavemente realizamos movementos rotatorios coa intención de romper o fecaloma, extraendo os fragmentos da materia fecal e depositándoos na cuña. Repetimos esta manobra ata conseguir retirar a maior cantidade posible de material fecaloideo, realizando pausas para favorecer o descenso da masa fecal e descanso do paciente.
  15. Valorar en todo momento a resposta do paciente á dor: palidez, diaforese ou alteracións no ritmo ou frecuencia cardíaca.
  16. Unha vez rematada a extracción limpar a zona rectal e permitir que o enfermo descanse nunha posición cómoda.
  17. Retirar as luvas e hixienizar as mans.
  18. Esta manobra está contraindicada en pacientes con enfermidade  anorrectal (hemorroides dolorosas, fisuras, abscesos) ou recentemente intervidos dunha enfermidade nesa zona.
  19. Este procedemento está contraindicado se se sospeita obstrucción intestinal.

 

Comentarios:
  • avatar Jers dixo:
    luns, 22 de agosto 2022 ás 03:40
    Tengo un niño de 8 de la cual me está pasando una situación similar, de la cual sospechamos que tienen un tapón fecal, de igual manera le estábamos dando contumax y no le ah ayudado, incluso fuimos al hospital domingo y le hicimos una placa intestinal y tenía cierta cantidad de popo en medio del tratamiento y el viernes siguiente fuimos nuevamente al hospital y le volvieron a hacer una placa y le salió mucho más popo que el domingo aún teniendo el tratamiento, si alguien me podría ayudar con un comentario se lo agradecería, saludos y bendiciones.
  • avatar Mariana Bellido dixo:
    venres, 4 de xuño 2021 ás 20:09
    El colocar lidocaína al 2% o al 5% en la ampola rectal ya es evitar y prevenir Dolores al producir la dilatación del esfinges externo anal el cual SI ES VOLUNTARIO. y el realizar movimientos circulares dentro es lograr despegar los coprolitos o Fecaloma de las paredes de la mucosa logrando lubricar los bordes, así mismo con la técnica de extracción con el o los dedos ya provoca el avance del o el Fecaloma.
  • avatar jaime dixo:
    martes, 23 de febreiro 2021 ás 14:18
    ---beopoep
  • avatar VDP Argentina dixo:
    xoves, 20 de agosto 2020 ás 06:16
    No soy personal de salud. Tras haber examinado diversos protocolos en Internet, no he visto que se mencionara presionar con dos dedos el esfínter desde afuera (es decir, ejercer presión sobre la impactación, desde afuera) al momento de pedir al paciente que realice esfuerzos defecatorios. Creo que el esfuerzo conciente del paciente entra en conflicto con el esfínter, que resiste a causa del dolor. Presionando con dos dedos desde afuera es posible facilitar la expulsión.
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde