Extracción manual de fecalomas

Procedemento actualizado no ano 2021

Este procedemento pretende documentar as accións que se van realizar para a extracción manual da acumulación anormal da materia fecal que forma unha masa endurecida na porción inferior do intestino.

Considérase unha das complicacións máis importantes do estrinximento e polo tanto, as súas causas son moi similares e de orixe múltiple (funcionais, alimentación inadecuada, inmobilidades, deshidratación, fármacos, debilidade etc.).
Pódese manifestar por dolor abdominal, diarrea, vómitos, anorexia e/ou retención urinaria.
A localización máis frecuente do fecaloma é a ampola rectal (70 % dos casos), seguida polo colon sigmoide e o colon proximal (20 % e 10 % dos casos respectivamente).
É unha patoloxía máis frecuente en pacientes anciáns, institucionalizados ou inmobilizados ou pacientes terminais por cáncer.

  

Tes mais información sobre o procedemento nos distintos apartados da información asociada

 

AUTORA:
  • Vázquez Martínez Ana. Enfermeira. Unidade de  Calidade Hospital da Mariña. Área Sanitaria Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos
REVISORAS:
  • Baquero Sabajanes, Mª Begoña. Enfermeira. Centro de Saúde Anafáns (Poio). Área Sanitaria  Pontevedra e O Salnés.
  • Castro Castro, Mª José. Enfermeira. Centro de Saúde de Catoira. Área Sanitaria  Pontevedra e O Salnés.
  • Campos Chan, Lidia. Enfermeira. Supervisora de Unidade. Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
  • Méndez de León, Mª del Carmen. Enfermeira. Hospital Álvaro Cunqueiro. Área Sanitaria de Vigo.
  • Meitín Canoura, Mª Teresa. Enfermeira. Supervisora da Unidade de Medicina Interna Hospital da Mariña. Área Sanitaria Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
  • Rañón Rey, Susana. TCAE Unidade Hospitalización Traumatoloxía Hospital da Mariña.  Área Sanitaria Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.