Temperatura rectal

.

1. Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.

2. Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.
3. Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcando a súa utilidade, usando unha linguaxe comprensible e resolvendo as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos explicarlle o procedemento aos pais (Grao B).
4. Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.
5. Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
6. Realizar hixiene de mans con solución hidroalcohólica segundo procedemento.
7. Proceder a toma de Tª.
 
C. TEMPERATURA RECTAL:
- Asegúrese de que o aparato esta preparado para este tipo de medición segundo as instrucións do fabricante.
- Comprobar que o paciente non acaba de recibir un enema.
- Pedirlle ao paciente que se coloque en decúbito lateral e que flexione a perna situada no plano superior. Expoñer o ano elevando a nádega superior coa man non dominante.
Pedirlle ao paciente que realice unha inspiración profunda (reláxase o esfínter) e introducir o termómetro lentamente, sen forzar.
- Os bebés colócanse boca abaixo sobre unha superficie plana, separar os glúteos e inserir o extremo do bulbo do termómetro moi lentamente.
 
Con termómetro electrónico.
- Retirar a sonda e colocar unha funda.
- Lubrique previamente a sonda, se é necesario.
- Introduza a sonda no recto do paciente. Para asegurar o contacto apropiado co tecido, incline a sonda lixeiramente despois da inserción.
- Para a profundidade de inserción ter en conta as instrucións do fabricante.
- Esperar ata que o equipo indique que alcanzou a Tª final.
- Retirar a sonda e expulsar a funda.
- Desbotar a funda.
- Gardar a sonda no seu compartimento e colocar o equipo no lugar axeitado para iso.
 
Con termómetro dixital.
- Lubricar o bulbo do termometro 1,5.
- Introducir o sensor do termómetro a 2/3 cm do extremo do recto.
- Unha vez posto o termómetro esperar a que pite e retirar.
- Gardar o termómetro na base.
 
8. Recoller o material utilizado.
9. Hixiene de mans con solución hidroalcohólica segundo procedemento.
10. Proceder a limpar e desinfectar o termómetro.Desinfección.JPGDesinfección.JPG