0 comentarios comentarios

Temperatura ótica

.

1. Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
2. Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.
3. Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcando a súa utilidade, usando unha
linguaxe comprensible e resolvendo as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes
pediátricos explicarlle o procedemento aos pais (Grao B).
4. Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.
5. Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
6. Realizar hixiene de mans con solución hidroalcohólica segundo procedemento.
7. Proceder a toma de Tª.​

 

D. TEMPERATURA ÓTICA:
- Para asegurar unha medición precisa, coloque sempre un protector hixiénico novo e limpo.
- Acender o termómetro, cando estea preparado iniciar o proceso de medida.
- Estire a orella para enderezar o canal auditivo. A estirada da orella realizase mellor se usa a man contraria para suxeitar o fío superior da orella.
  · Nenos menores de 1 ano: Estire a orella cara arriba e atrás.
  · Nenos maiores de 1 ano e adultos: Tire da orella cara arriba e abaixo.
- Coloque a sonda de forma suave no oído.
- Seguir as instrucións do fabricante ata que o equipo indique que alcanzou a Ta final.
- O resultado aparecerá na pantalla.

 

8. Recoller o material utilizado.
9. Hixiene de mans con solución hidroalcohólica segundo procedemento.
10. Proceder a limpar e desinfectar o termómetro.Desinfección.JPGDesinfección.JPG

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio