Existen
certos parámetros que poden influír na medición da glicemia
capilar, como son: o volume da gota de sangue, substancias que
interfiren na medición (vitamina C, cisteína etc.), rango do
hematócrito, tipo de sangue aplicado, tempo desde a inxestión,
calibración do propio medidor, así como certos factores ambientais
(temperatura, humidade, altitude).
É
importante coñecer as características dos aparellos, o seu modo de
emprego e as posibles causas do erro, para facer unha correcta
utilización destes.
Nunca
se debe facer comprobación da glicemia con distintos medidores; de
facelo, deberían ser dous medidores iguais, utilizar a mesma gota
de sangue, e aínda así pode haber unha diferenza de ± 15 mg/dl.
Non
facer glicemias seguidas, salvo que o resultado da medición sexa
moi alto ou moi baixo.
Rotar
a zona de punción.Ter en conta que se poden utilizar
todos os dedos das mans.
Non
obter o sangue de zonas frías, cianóticas ou edematosas, se as
condicións do paciente o permiten.
Non
aplicar ningún antiséptico na zona de punción.
Se
houber problemas para obter unha boa gota de sangue da punta do
dedo, lavar os dedos con auga quente, axitando a man por debaixo da
cintura, ou apertar a punta do dedo, nunca espremer o dedo.
Non
efectuar as determinacións de glicemia a temperaturas inferiores a
14 ºC ou superiores a 40 ºC.
Manter
as tiras reactivas en lugar fresco e seco e protexidas da luz. Debe
asegurarse de que ao sacar a tira do bote quede ben pechado polo
risco de deterioración ou contaminación.
Aínda
que se pode facer a toma de mostra do sangue na palma da man,
antebrazo ou coxa, poden dar resultados máis baixos que os obtidos
nas xemas dos dedos, polo que non se recomenda cando a concentración
de glicosa no sangue aumenta (como inmediatamente despois da inxesta
de alimentos) ou diminúe (en resposta á insulina de acción rápida
ou ao exercicio) rapidamente.
A
maioría dos medidores teñen un rango de medida que vai dende 10-20
mg/dl ata 500-600 mg/dl; se a glicemia é inferior ao rango 10-20
mg/dl, no aparello aparecerá “LO” (do inglés “low”), e se
é superior a 500-600 mg/dl, aparecerá “HI” (do inglés
“high”).
Se
o lavado das mans non é posible e non están visiblemente sucias ou
expostas a produtos que conteñan azucre, é aceptable utilizar a
segunda gota de sangue despois de limpar a primeira.