Manexo da pulsioximetría

 
Procedimiento actualizado en 2021

 

Este protocolo pretende proporcionar os coñecementos adecuados para o manexo da pulsioximetría. Responde á necesidade de dispoñer documentalmente de pautas de coidados avaladas cientificamente, co fin de proporcionar unha asistencia eficaz de máxima calidade, baseada en criterios científicos, e reducir a variabilidade asistencial.
 
A pulsioximetría serve para avaliar o estado da osixenación, aínda que non mide a presión de osíxeno (SAO2) nin a presión de dióxido de carbono (PaCO2) nin o Ph. Polo tanto, non substitúe totalmente a gasometría na valoración completa dos enfermos respiratorios, pero si é unha técnica moi útil pola súa sinxeleza, rapidez, fiabilidade, reprodución e inocuidade. Permite a detección precoz da hipoxemia, polo que se emprega como método de cribado na enfermidade cardiopulmonar; diminúe o número de extraccións sanguíneas necesarias e facilita o axuste das achegas suplementarias de osíxeno. A súa utilización é cada día máis intensa, tanto a nivel hospitalario como na medicina primaria e ambulatoria. Serve igualmente para realizar exploracións puntuais e para a monitorización continua dos pacientes con insuficiencia respiratoria.

 

A pulsioximetría pode ser necesaria nos seguintes casos:
  1. Actuación en problemas respiratorios agudos en urxencias (crise de broncoespasmo, reagudización de pacientes respiratorios, insuficiencias respiratorias de calquera tipo, dificultade respiratoria por trastorno de ansiedade etc.), para poder avaliar a necesidade e eficacia do tratamento.
  2. Seguimento de pacientes en tratamento con osixenoterapia, evitando gasometrías arteriais.
  3. Detección da hipoxemia na síndrome de apnea do sono.
  4. Monitorización da resposta ao tratamento broncodilatador administrado de urxencia.
  5. En hospitais, o seu uso esténdese tamén á monitorización do paciente durante a anestesia, á recuperación no postoperatorio, á avaliación do neno acabado de nacer (prematuro, baixo peso etc.), á unidade de coidados intensivos, ás endoscopias, salas de cateterismo etc.

Para completar a información do procedemento consulta os distintos apartados da información asociada. 

 

AUTORES:

  • Campos Chan Lidia. Enfermeira. Supervisora de Procesos de Xestión. Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
  • Esperón Güimil José Antonio. Enfermeiro. Subdirector de Enfermería do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra. Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
  • Argibay Cochón Carlos. Enfermeiro. Subdirector do Hospital do Salnés. Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
  • Bas Méndez Montserrat. Enfermeira. Supervisora Xeral do Hospital Provincial de Pontevedra. Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
  • García Freijeiro Yolanda. Enfermeira. Supervisora de Unidade do Hospital do Salnés. Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
  • Recamán Lagos José Manuel. Enfermeiro. Centro de Saúde de Meaño. Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
  • Rosendo Fernández José Manuel. Enfermeiro. Supervisor de Procesos de Coidados de Enfermería. Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
  • Sánchez Radío Silvia. Enfermeira. Supervisora de Docencia e Formación Continuada. Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
 
REVISORES:

 

  • Pardo Lemos Inmaculada. Enfermeira. Supervisora da Unidade de Calidade de Coidados. Área Sanitaria de Vigo.
  • Fariñas Lorenzo Begoña. Enfermeira. Unidade de Calidade de Coidados. Área Sanitaria de Vigo.
  • López Serantes Alberto. Matrón. Supervisor da Unidade de Maternidade-Partos. Área Sanitaria de Ferrol.
  • Loureiro Vilariño María Pilar. Enfermeira. Supervisora da Unidade de Puerperio-Pediatría. Área Sanitaria de Ferrol.
  • Carmen Galego Novo. Enfermeira. Supervisora da Unidade de Pediatría. Área Sanitaria de Ferrol.
  • M.ª Rocío Rodríguez del Prado. Enfermeira. Unidade de Pediatría. Área Sanitaria de Ferrol.