Indicadores. Pulsioximetría

Indicadores. Pulsioximetría



 
Indicador:
Porcentaxe de rexistros do valor obtido da saturación de O2 no aplicativo informático GACELA, en IANUS, na folla de enfermería ou en calquera outro sistema de rexistro co que conte a unidade, nos que consta que cando se leu o resultado, o doente recibía osixenoterapia ou non; no caso de que si a recibise, consta o método de administración e a concentración.
 
 
Numerador: Número de rexistros nos que constan as características da medición da saturación de O2 (se o paciente recibía osixenoterapia ou non e, no caso de que si a recibise, cal era o método de administración e a concentración) no aplicativo informático GACELA, en IANUS, na folla de enfermería ou en calquera outro sistema de rexistro co que conte a unidade.
 
Denominador: Número de pulsioximetrías indicadas e feitas.


Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde