OBXECTIVOS
Obxectivo xeral
Describir as accións que se deben seguir para a administración segura de fármacos ou outras substancias por vía intradérmica con fins preventivos, diagnósticos ou terapéuticos.
Obxectivos específicos
Prever posibles complicacións derivadas da administración de fármacos e outras substancias (drogas) por vía intradérmica.
Diagnósticos de enfermería relacionados
Diagnóstico NANDA
− 00004 Risco de infección.
− 00047 Risco de deterioración da integridade cutánea.
− 00126 Coñecementos deficientes.
− 00132 Dor aguda.