Procedemento actualizado en 2022
A finalidade deste procedemento é elaborar un documento que sirva de guía para os profesionais sanitarios nas actuacións que deben levar a cabo no que atinxe á administración de fármacos por vía oftálmica, ao adestramento do paciente e aos coidados no manexo dos dispositivos e dos aparellos necesarios. O que se pretende é que os profesionais administren de forma correcta a medicación oftálmica, de maneira que se reduza a variabilidade clínica incorporando as mellores prácticas na actividade asistencial.
A administración de medicación por vía oftálmica vai permitir previr e controlar a infección, aliviar a dor e a conxestión da conxuntiva, dilatar ou contraer as pupilas para algúns tratamentos ou exames, lubricar o ollo para evitar úlceras de córnea e outras complicacións e diminuír a inflamación.
Tes mais información sobre o procedemento nos distintos apartados da información asociada.
AUTORAS:
Basanta Basanta, Aida. Enfermeira. Centro de saúde de Mondoñedo. XAS Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
Castro Murias, María del Mar. Supervisora Medicina Preventiva Hospital Universitario Lucus Augusti. XAS Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
Jiménez Díaz, Lidia Raquel. Enfermeira Hospital Universitario Lucus Augusti. XAS Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
Martínez López, Ángeles. Supervisora Calidade Hospital de Monforte. XAS Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
Pérez Rodríguez, María Teresa. Enfermeira Hospital de Monforte. XAS Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
Vázquez Martínez Ana. Supervisora Calidade Hospital da Mariña. XAS Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
REVISORAS:
Ana Mª Meizoso Ameneiro. Enfermeira de Nefroloxía. Área Sanitaria de Ferrol.
Noemí Pérez Felpete. Enfermeira Atención Primaria. Área Sanitaria de Ferrol.
Carmen Méndez de León. Enfermeira Unidade da dor. Área Sanitaria de Vigo.