Administración de medicación por vía inhalatoria

0 comentarios comentarios

Administración de medicación por vía inhalatoria

Procedemento actualizado en 2022.​

 

Este documento pretende reflectir as actuacións que deben levar a cabo os profesionais para a correcta administración de fármacos por vía inhalada, e para o manexo dos dispositivos necesarios para a dita administración da medicación inhalada que foi prescrita.

A vía inhalada permite lograr altas concentracións nas vías aéreas logrando efectos que só se obteñen con doses moi elevadas por vía sistémica, e ademais teñen maior velocidade de acción. O inicio do efecto cos medicamentos inhalados é máis rápido que pola vía oral. O medicamento adminístrase directamente aos pulmóns, cunha exposición sistémica mínima.

Os efectos sistémicos secundarios son menos frecuentes e severos coas inhalacións que coa administración sistémica (endovenosa ou oral), ademais é menos dolorosa e relativamente máis confortable que outras vías.

O paciente debe comprender a importancia da vía inhalada para así reforzar a súa adherencia aos tratamentos inhalados. É moi importante a educación ao paciente na maneira axeitada de tomar a medicación, ás veces pódelles resultar difícil ao principio.
Tes mais información sobre o procedemento nos distintos apartados da información asociada
AUTORAS:
  • Basanta Basanta, Aida. Enfermeira. Centro de saúde de Mondoñedo. XAS Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
  • Castro Murias, María del Mar. Supervisora Medicina Preventiva Hospital Universitario Lucus Augusti. XAS Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
  • Jiménez Díaz, Lidia Raquel. Enfermeira Hospital Universitario Lucus Augusti. XAS Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
  • Martínez López, Ángeles. Supervisora Calidade Hospital de Monforte. XAS Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
  • Pérez Rodríguez, María Teresa. Enfermeira Hospital de Monforte. XAS Lugo, A Mariña
  • Vázquez Martínez Ana. Supervisora Calidade Hospital da Mariña. XAS Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.

REVISORES:

  • Mª Carmen Méndez de León. Enfermeira unidade da dor. Área Sanitaria de Vigo.
  • Begoña Fariñas Lorenzo. Enfermeira unidade calidade e coidados de enfermería. Área Sanitaria de Vigo.
  • Pedro Pita Miño. Enfermeiro Cirúrxia-Dixestivo. Área Sanitaria de Ferrol.
  • Mónica Aneiros Castro. Enfermeira unidade de psiquiatría. Área Sanitaria de Ferrol.
  • Francisco Javier Lage Rial. Enfermeiro unidade de esterilización. Área Sanitaria de Ferrol.

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde