Administración segura e eficaz dos medicamentos por vía rectal con fins terapéuticos, preventivos ou diagnósticos.
Este procedemento pretende documentar as accións que se van realizar para a administración segura e eficaz dos medicamentos por vía rectal con fins terapéuticos, preventivos ou diagnósticos.
A vía rectal é anatomicamente o segmento terminal do tubo dixestivo (15-19 cm). Ten unha estrutura que consta dunha capa serosa peritoneal, unha túnica muscular, unha capa submucosa (irrigada pólo plexos venoso hemorroidal) e unha capa ou túnica mucosa.
A absorción do fármaco realízase a través do plexo hemorroidal, o cal evita en parte o efecto de primeiro paso ou paso por o fígado, antes de incorporarse á circulación sistémica.
A vía rectal é especialmente útil nas seguintes situacións:
Paciente incapaz de inxerir a medicación por vía oral.
Medicamentos que irriten a mucosa gástrica ou que son destruídos polas encimas dixestivas.
Medicamentos que polo seu sabor ou olor son intolerables pola vía oral.
Tes mais información sobre o procedemento nos distintos apartados da información asociada.