Para ter en conta.VMNI

3 comentarios comentarios

Para ter en conta.VMNI

.

Os autores da bibliografía consultada para a elaboración deste procedemento, amparados polas sociedades científicas que avalan os documentos que eles asinan, fan as seguintes recomendacións:

  • Vixíe a integridade da pel e das mucosas, segundo o protocolo de prevención de UPP: cambie os puntos de apoio da interfase, para evitar a presión cutánea continua, e controle a presión de axuste, para evitar unha presión excesiva. É moi importante realizar unha correcta protección nas zonas de maior presión.
  • Á hora de colocar o arnés, debe permitirse o paso de dous dedos entre este e a pel do paciente.
  • Sexa cal sexa a interfase elixida, a primeira valoración da pel e das mucosas debe de facerse despois de 2-4 horas de iniciada a VMNI e cada 4 horas a partir dese momento, ou antes se procedese.
  • Recoméndase retirar a interfase como mínimo 10 minutos cada 12 horas, como máximo, para garantir a osixenación da pel e das mucosas.
  • Ás 24 horas da VMNI débese valorar a estratexia de rotación da interfase, se esta continúa sendo necesaria de forma continuada, porque os apósitos deixan de ser protectores de posibles lesións.
  • As lesións cutáneas pódense previr protexendo os puntos de presión con apósitos poliméricos ou hidrocoloides. Non existe evidencia da superioridade dun apósito sobre outro, aínda que si se demostrou que o uso dun apósito fronte a non utilizalo melloraba a incidencia de lesións durante a VMNI; a elección terapéutica debe basearse no coñecemento do produto por parte do profesional. Calquera deles si diminúe a presión e a fricción, evitando o desprazamento da máscara por humidade ou polo peso da gravidade, e proporciónalle maior confort ao paciente. Os criterios que deberá valorar á hora de escoller un ou outro serán a súa capacidade para manter o leito da ferida coa humidade adecuada, a necesidade de abordar a carga bacteriana, a natureza e o volume do exudado, o estado do tecido do leito ulceral, o estado da pel periulceral, o tamaño da lesión, a súa profundidade e localización, a presencia de túneles e /ou cavitacións e a compatibilidade cos dispositivos clínicos utilizados.
  • Protexa a derme con ácidos graxos hiperosixenados nas zonas de contacto coa interfase e con apósitos de escuma ou hidrocoloides na ponte nasal. Existen incluso apósitos con base de silicona específicos para esta función. A rotación da interfase tamén contribúe a evitar as lesións.
  • Deben pasar dous dedos entre o arnés e a pel da cara. A presión do arnés sobre a máscara debe repartirse de forma uniforme. Para isto, débese colocar entre dúas persoas, unha a cada lado do paciente: colócase o arnés pola parte posterior da cabeza, posiciónase a máscara no seu lugar e vanse axustando as correas do arnés sen tensión excesiva, ata que a máscara quede ben acoplada.
  • Débense vixiar os desprazamentos laterais da máscara e evitar, no posible, un aumento de presión en calquera dos puntos onde vai ancorada e nas zonas de apoio.
  • A máscara facial é a interfase que menos lesións cutáneas asociadas a dispositivos clínicos relacionadas coa VMNI provoca e a mellor tolerada.
  • No paciente crítico, cando hai lesións, o primeiro é retirar a interfase que provoca presión sobre a pel danada, tratar a infección e xestionar o exudado, se procede, e estimular a pel perilesional. Recoméndase como alternativa o Helmet®, co que tamén hai que protexer as zonas de contacto do colar ríxido coa pel con escumas, para diminuír a presión: o Helmet® evita o efecto presión e cizalla da interfase sobre a pel danada, cando é necesario continuar coa VMNI.
  • Débese identificar na escala Braden calquera cambio que se presente respecto do risco de que se produzan úlceras por presión.
  • A pel que se encontra baixo os dispositivos debe manterse limpa e seca.
  • Comprobe periodicamente o respirador e as conexións, para evitar fugas aéreas.
  • As fugas aéreas aparecerán en todos os pacientes sometidos a ventilación mecánica non invasiva, tanto en pacientes pediátricos coma en pacientes adultos. Poden ser provocadas por un tamaño inapropiado da máscara, por mal axuste, pola sonda nasogástrica. É importante detectalas e corrixilas o antes posible porque poden provocar hipoxia e hipoventilación, que terán como consecuencia a perda ou o descenso de volume realmente efectivo. Debe vixiarse en cada quenda de traballo, ou antes, se procede, a posición correcta da máscara, para evitar que se produzan.
  • No caso de que o paciente utilice prótese dental, recoméndase que a manteña posta, para diminuír o risco de fugas.
  • Valore se hai signos de dificultade respiratoria: dispnea, taquicardia, cianose, uso de músculos accesorios, sudación, cambios no nivel de consciencia e no estado mental.
  • Observe e valore se se presenta dor, náuseas, vómitos, expectoración; valore a saturación de osíxeno, FR, FC, PA e Tª.
  • Aspire as secrecións cando o paciente non sexa capaz de expulsalas pola súa conta.
  • Vixíe a posible distensión abdominal e, en caso necesario, valore a necesidade de colocar unha sonda nasogástrica.
  • Observe o movemento da parede torácica.
  • Programe, se é posible, pausas durante a VMNI para a alimentación, a hidratación, o descanso, a hixiene bucal, nasal e ocular e a drenaxe de secrecións.
  • Valore a realización de técnicas de fisioterapia respiratoria para favorecer a expectoración, cando corresponda.
  • Manteña hidratadas a cara e as mucosas (non utilice vaselina nin cremas oleosas).
  • Insista na necesidade de levar a cabo a hixiene bucal despois de cada comida; se fose necesario, axúdelle.
  • Vixíe se hai signos de conxuntivite iatroxénica, polas fugas aéreas cara aos ollos: realice a hixiene dos ollos e administre lágrimas artificiais ou soro fisiolóxico.
  • Vixíe a sequidade da mucosa oronasal, a rinite, se se chega a producir incluso epistaxe, se se presenta unha otalxia.
  • Revise os axustes do ventilador mecánico todos os días e cada vez que se retire.Baleire a auga da condensación das tubuladuras cada vez que se requira.
  • Utilice un humidificador limpo cando se cambien os circuítos.
  • Encha o humidificador cada 24 h con auga destilada ata o nivel que indique o fabricante. 
  • Informe se o equipo non funciona de forma adecuada ou se emite ruídos estraños. 
  • Manteña o exterior limpo, libre de obxectos ao seu redor que impidan a correcta ventilación.
  • Recoméndase cambiar os circuítos externos unha vez á semana e con maior frecuencia se o enfermo ten abundantes secrecións.
  • Valore o cambio de tamaño ou o tipo de interfase segundo a evolución clínica e os requirimentos do enfermo ou ante signos de desadaptación.
  • Limpe periodicamente a interfase.
  • Fomente a inxestión adecuada de líquidos e substancias nutritivas.
  •  Valore sempre a sensación de claustrofobia que poida producir a interfase.

 

Comentarios:
  • avatar Xustiza divina dixo:
    sábado, 2 de marzo 2019 ás 16:50
    As douturiñas dos comentarios anteriores que non saben falar nin escribir un inglés que sexa máis que un A2 sendo ben xenerosos, fan burla do gran traballo de Femora porque foi grazas a Femora como salvaron moitas vidas de persoas. Porque Femora dixo non á mala praxe, dixo non á arbitrariedade e actuacións salvaxes, dixo non á violencia agochada baixo prescricións anómalas, probas non axeitadas, violencia por actuacións non indicadas e sen consentimento e dixo non a verdadeiros delincuentes de todos os chamados estamentos e fixo tremer os cortellos do 10% das cánulas e o 15% do line..d. Grazas Femora, moitas grazas!!!
  • avatar Your honsety is like a beacon dixo:
    xoves, 6 de xullo 2017 ás 02:05
    Your honsety is like a beacon
  • avatar What a great reurcose this text is. dixo:
    xoves, 6 de xullo 2017 ás 01:33
    What a great reurcose this text is.
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde