Para ter en conta. Aspiración secrecións vía respiratoria alta

0 comentarios comentarios

Para ter en conta. Aspiración secrecións vía respiratoria alta

.

​- Hiperosixenar antes e despois, se procede. Empregar a sonda do calibre axeitado, xa que os calibres grandes poden causar traumas e os calibres pequenos pode que non sexan efectivos. Na aspiración pola cánula de traqueotomía, a sonda ha de ter un diámetro non superior á metade do diámetro interno da cánula traqueal.
 
− Realizar en primeiro lugar a aspiración nasofarínxea, xa que se considera máis limpa que a orofarínxea.
 
− Cambiar a sonda cada vez que se acceda á árbore traqueal.
 
− Indicarlle ao paciente que inspire e introducir a sonda coincidindo co final da inspiración.
 
− Se é preciso fluidificar as secrecións nasais, instilar soro salino antes da aspiración.
 
− Evitar a instilación rutineira de soro salino antes da aspiración de secrecións bronquiais, pois existe a posibilidade de provocar unha maior hipoxemia e de aumentar o risco de pneumonía por mor da introdución de bacterias que poidan estar aloxadas no interior do tubo.
 
− Evitar a aspiración en caso de epistaxe ou de fístula de líquido cefalorraquídeo.
 
− Evitar a aspiración tras as comidas.
 
− Evitar, sempre que sexa posible, a posición de decúbito supino a 0º (Nivel de evidencia moderado. Recomendación forte).

 

− Aspirar a vía respiratoria só cando sexa necesario e non por rutina. A aspiración repetida pode danar a mucosa e producir ulceración e hemorraxias.
 
− Avaliar se o paciente precisa unha segunda aspiración. O procedemento de aspiración non durará máis de 10 segundos e é necesario esperar 20-30 segundos entre aspiración e aspiración.
 
− Entre as complicacións, convén salientar as seguintes: lesións na mucosa, hipoxemia, inestabilidade cardiovascular, bradicardia, arritmias, laringoespasmos, brocoespasmos, malestar, infeccións nosocomiais, microatelectasias ou aumento da presión intracraneal.
 
− As presións negativas de aspirado non deben superar os 150 mm Hg polo risco de que poden causar traumas, hipoxemias ou atlectasias.
 
− Contraindicacións para o procedemento (condicións do paciente e baixo criterio médico):trastornos hemorráxicos (coagulación intravascular diseminada, trombocitopenia, leucemia), edema ou espasmos larínxeos, varices esofáxicas, cirurxía traqueal, cirurxía gástrica con anastomose alta, infarto de miocardio.

 

EN PACIENTES CON CÁNULA CON CAMISA FENESTRADA OU CÁNULA TAPADA
Retirar a camisa fenestrada ou o tapón e colocar a camisa sen fenestra.

 

EN PACIENTES PORTADORES DE CÁNULA DE TRAQUEOTOMÍA CON BALÓN
Vixiar a presión de inflado do pneumotaponamento (manómetro: 20-25 mm Hg8 (Nivel de recomendación 1C) previo e posterior á aspiración.

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde