OBXECTIVOS
Proporcionarlles O2 a aqueles pacientes que o precisen de xeito adecuado (na concentración necesaria e prescrita para mellorar o seu estado respiratorio e baseado na mellor evidencia científica).
Manter uns niveis de osixenación axeitados que eviten a hipoxia tisular e conseguir unha SaO2 mínima do 90 %.
Favorecer o confort do paciente e a súa adaptación á terapia de O2.
Previr as complicacións derivadas dun déficit respiratorio.
Previr e/ou corrixir os efectos adversos derivados da administración de O2.
Reducir o risco de entrada de contaminantes na vía respiratoria.
Diagnósticos de enfermería relacionados
Diagnósticos NANDA
00032 Patrón respiratorio ineficaz
00092 Intolerancia á actividade
00033 Deterioración da ventilación