Definicións. VMNI

1 comentarios comentarios

Definicións. VMNI

.

​BiPAP (bilevel positive airway pressure): modo de asistencia ventilatoria non invasiva. É a aplicación de dous niveis de presión sobre a vía aérea: presión de inspiración e presión de expiración. A presión inspiratoria é a presión programada durante a inspiración. O seu obxectivo é poñer en descanso o músculo respiratorio e aumentar o volume minuto.


CPAP (continuous positive airway pressure): modelo ventilatorio espontáneo con presión positiva continua na vía aérea. Isto significa que o paciente está respirando espontaneamente en niveis supraatmosféricos de presión, tanto na inspiración coma na expiración. Non é per se un modo ventilatorio, xa que non asiste a inspiración, só se fai evidente na expiración.


IANUS: historia clínica electrónica do Servizo Galego de Saúde.


Interfase: parte do circuíto que está en contacto coa cara do paciente. Son os dispositivos que fan posible a adaptación entre a cara do paciente e o ventilador mecánico, facilitando a entrada do gas presurizado ao interior dos pulmóns. Selan a vía aérea do enfermo, comunicándoa co ventilador mecánico.8 A correcta elección do tipo de interfase garantirá o éxito ou o fracaso da técnica e o grao de confort do paciente. Existen diferentes tipos de interfases para a aplicación da VMNI, polo cal permiten unha aplicación individualizada. As máis empregadas son:

  • Gafas nasais: son dúas pequenas cánulas que se introducen por ambos orificios nasais. A súa elección implica que a necesidade de osíxeno non sexa moi elevada, xa que a concentración que se administra é baixa. Permiten a inxestión, a comunicación oral e a expectoración, polo que resultan confortables para o paciente. Teñen como inconveniente a presenza de fugas. Para a súa utilización, é necesario que as vías nasais estean permeables. Poden provocar úlceras por decúbito. Utilízanse principalmente nos casos de insuficiencia respiratoria crónica e, de modo especial, na síndrome de apnea obstrutiva do sono.Gafas nasais.JPGGafas nasais.JPG                                                                                                                       
  • Gafas nasais de alto fluxo: son gafas nasais que permiten a aplicación dun fluxo de gas por encima do que o propio paciente ten a capacidade de inhalar; este adminístrase quente e humidificado. O seu uso está indicado na insuficiencia respiratoria aguda, na preosixenación na manobra da intubación traqueal, na insuficiencia respiratoria postextubación, en procedementos invasivos como a fibrobroncoscopia, na insuficiencia cardíaca, no fallo respiratorio hipoxémico moderado, no edema pulmonar, nas exacerbacións da EPOC... O seu uso está a ter moita relevancia no tratamento da pneumonía provocada polo SARS-CoV-2. Son unha boa alternativa para os pacientes aos que a máscara de osíxeno lles provoca claustrofobia.Gafas nasais alto fluxo.JPGGafas nasais alto fluxo.JPG
  • Máscara oronasal: é un dispositivo que se aplica sobre o nariz, pero cobre tamén a boca. Utilízase preferentemente en pacientes con fracaso respiratorio agudo. Permite a respiración por nariz e boca. Esixe menor colaboración do paciente ca a máscara nasal. Dificulta a comunicación oral e a expectoración ou o vómito. Pode provocar claustrofobia e úlceras por decúbito. Ten tamén o inconveniente de que no caso de fallo ou desconexión do respirador, a máscara non permite a entrada de aire ambiente nin pola boca nin polo nariz.Máscara oronasal.JPGMáscara oronasal.JPG
  • Máscara facial total: é un dispositivo que cobre toda a cara e reduce as fugas. Esixe menor colaboración do paciente. Dificulta a comunicación oral e a expectoración e o vómito. Pode provocar claustrofobia. É útil nunha situación de urxencia, pois evita as fugas de forma máis eficaz ca as gafas nasais e ca a máscara oronasal. Máscara facial total.JPGMáscara facial total.JPG
  • Helmet®: é un casco transparente de PVC, dun só uso, selado ao pescozo mediante unha membrana que evita as fugas. Parece diminuír a necesidade de intubación con maior eficacia ca a máscara facial –menor risco de necrose na pel, de irritación ocular–. Utilízase, sobre todo, en casos especiais como traumatismos faciais, pacientes con anatomía difícil ou con gran susceptibilidade para padecer lesións cutáneas.Helmet.JPGHelmet.JPG


Ventilación mecánica non invasiva (VMNI): tratamento de soporte vital que se leva a cabo mediante a utilización dun dispositivo artificial de soporte ventilatorio parcial, xa que combina unha presión controlada con respiración espontánea libre durante todo o ciclo de respiración, na que as presións aéreas resultantes son distintas ás que se obteñen na respiración espontánea do paciente.7 Facilita o intercambio gasoso e o traballo respiratorio dos pacientes con insuficiencia respiratoria. Os sistemas de ventilación mecánica xeran unha presión positiva intermitente, mediante a cal insuflan aire ou unha mestura gasosa enriquecida en osíxeno na vía aérea do paciente, o que permite axustes independentes das presións inspiratorias e expiratorias.

Comentarios:
  • avatar Too scary, glad she is doing better. Wishing you and your family a very Merry Christmas and a year filled with good health and hasipneps. dixo:
    xoves, 6 de xullo 2017 ás 02:58
    Too scary, glad she is doing better. Wishing you and your family a very Merry Christmas and a year filled with good health and hasipneps.
Publica o teu comentario
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde