Osixenoterapia

0 comentarios comentarios

Osixenoterapia

Está en fase de revisión e en breve estará dispoñible a súa actualización.

NOTA: Dado que transcorreron máis de 5 anos desde a publicación do procedemento, as recomendacións que contén han de ser consideradas con precaución.

A terapia  suplementaria  de osíxeno  é necesaria  en todos aqueles pacientes hipoxémicos ou en pacientes en risco de hipoxemia.
 
 

 

Este procedemento pretende documentar a administración de osixenoterapia e incorporar a mellor evidencia existente. A súa finalidade é a estandarización dos criterios de actuación e reducir a variabilidade clínica coa incorporación das mellores prácticas na actividade asistencial diaria dos profesionais, o que garante en todo momento a seguridade, o confort, así como a continuidade asistencial do paciente en todos os niveis asistenciais.

Unha correcta selección da técnica de osixenoterapia pode evitar a intubación endotraqueal, a sedación, a conexión á ventilación mecánica e as complicacións que lle poden supoñer ao paciente.
A porcentaxe de morbilidade hospitalaria por enfermidades do aparello respiratorio é do 9,37 % na muller e do 28,20 % no home. As enfermidades do aparello respiratorio ocupan o cuarto posto nas dez principais categorías de enfermidade en España, cunha alta carga de discapacidade.

A terapia suplementaria de osíxeno é necesaria en todos aqueles pacientes hipoxémicos ou en pacientes en risco de hipoxemia. Os pacientes non requiren osixenoterapia cando a súa saturación de osíxeno é do 94 % ou superior (salvo excepcións, como o envelenamento por monóxido de carbono ou pneumotórax).

A osixenoterapia está indicada nos pacientes con:

- Hipoxemia amosada ou presión arterial de osíxeno (PaO2) inferior á normal, definida por un nivel menor de 60 mm Hg ou unha saturación arterial de osíxeno (SaO2) menor do 90 %, no caso dun paciente que respire aire ambiente, ou por unha PaO2 ou SaO2 inferiores ao rango adecuado ao estado clínico do paciente (Nivel IV).
- Unha situación aguda na que é probable que se produza hipoxemia, tal como un traumatismo grave, infarto agudo de miocardio ou intervención cirúrxica (Nivel IV). 

 

Tes mais información sobre o procedemento nos distintos apartados da información asociada

 

 

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde