Procedemento de determinación dos Pulsos Pédios

Procedemento de determinación dos Pulsos Pédios

A Enfermidade Arterial Periférica (EAP) nas extremidades inferiores é a súa manifestación máis frecuente cunha prevalencia poboacional do 3% ao 12%.

Consecuencias da arteriopatía

A arteriosclerose é un proceso patolóxico frecuente na poboación cuxas principais manifestacións son a Cardiopatía Isquémica, Accidente Cerebro-Vascular e a Enfermidade Arterial périférica (EAP).
A EAP nas extremidades inferiores é a súa manifestación máis frecuente cunha prevalencia poboacional do 3% ao 12%, esta prevalencia aumenta progresivamente coa idade a partir dos 40 anos, polo que representa un problema clínico importante debido ao progresivo envellecemento da poboación nos países desenvolvidos; os principais factores de risco son: adultos de 50 a 69 anos con hábito tabáquico ou diabetes, adultos de 40 a 49 anos con diabetes e ao menos outro factor de risco de arterioreclerose, síntomas nas pernas suxestivos de claudicación con esforzo ou dor en repouso, outras localizacións da arterioesclerose, exame anormal do pulso na extremidade inferior. Cursa con sintomatoloxía silente, polo que o diagnóstico precoz nos grupos de risco de EAP é de especial relevancia pola morbilidade que representa (amputacións) e coexistencia de risco elevado de eventos coronarios e/ou cerebro-vasculares. Todos os pacientes con risco de EAP ou os pacientes con función reducida nas extremidades deberían facer unha exploración vascular avaliando os pulsos periféricos. (Nivel B)
A localización e palpación das arterias pedia e tibial posterior débese realizar de forma sistemática na exploración da circulación das extremidades inferiores (Nivel III) como se establece en tódalas guías prácticas e consensos Trátase dun procedemento breve, moi sinxelo, que ten unha grande utilidade como primeiro paso na valoración da presenza de EAP nas extremidades inferiores (Nivel Alto).
É a primeira exploración física que fai sospeitar a presenza de isquemia. Os pulsos pedios palpables no exame fisico teñen un valor predictivo negativo de arredor do 90% que pode descartar o diagnóstico de isquemia arterial en moitos casos. En contraste, unha anormalidade do pulso (ausente ou diminuído) sobrevalora significativamente a verdadeira prevalencia da Enfermidade Arterial périférica. A maioría dos pacientes con EAP son asintomáticos e poden ser detectados polos pulsos. No entanto, a anormalidade nos pulsos (ausencia ou diminución) sobreestima de forma significativa a verdadeira prevalencia da EAP, por tanto a ausencia de pulso obriga a confirmar a EAP mediante exploracións complementarias4 (Nivel II).
A palpación dos pulsos pedios tamén está recomendada para orientación diagnóstica nas úlceras da perna: venosas, isquémicas, neuropáticas, neuroisquémicas e hipértensivas. (Evidencia Ata-Media Recomendación 1A-2B). Así mesmo, rocoméndase palpalos sistematicamente no casos das úlceras de etioloxía venosa que precisen terapias compresivas. Trátase dunha proba usada para detectar e clasificar o risco de pé diabético e para a recomendación da inspección periódica do pé (Recomendación A / Nivel B).
Tras a exploración clínica ante a ausencia de pulsos pedios é preceptivo realizar o Índice Nocello Brazo (INB) (Nivel de Evidencia Alto).
En consecuencia, este procedemento pretende proporcionar os coñecementos adecuados para a realización correcta da determinación dos pulsos pedios, así como para a súa interpretación, coa finalidade de estandarizar os criterios de actuación e reducir a variabilidade asistencial mediante incorporación á práctica clínica de enfermería da mellor evidencia científica dispoñible para a determinación dos pulsos pedios.
 
Autores PP CAS.JPG