Para ter en conta. Fecalomas

1 comentarios comentarios

Para ter en conta. Fecalomas

Observacións

  • Esta técnica debe executarse coa máxima precaución pola posibilidade de desencadear unha síncope vasovagal.
  • É importante non forzar o procedemento. Se se aprecia sangrado ou dor intenso non continuar.
  • É importante lembrar que o feito de que a ampola rectal estea baleira non descarta a existencia dun fecaloma en niveis máis proximais do colon (serían distais ao dedo), polo que se recomendaría un estudo radiolóxico.
  • Se o fecaloma non está ao alcance do tacto rectal, aplicaremos un enema de limpeza para abrandar a masa fecal. O enema pódese poñer neste caso cunha sonda rectal ou vesical. Se detectamos unha masa non moi dura, podemos recorrer aos enemas de limpeza en combinación con laxantes.
  • Se a masa fecal é moi grande podemos realizar a manobra en varias sesións para evitar a aparición de sangrado, dor anal, ou calquera indicativo de síncope vasovagal, nestes casos suspenderase o procedemento.
  • No caso de que o paciente teña dificultade para relaxarse, ou presente dor, pódese administrar algún sedante (solicitando previamente a súa prescrición) uns 30 minutos antes de iniciar o procedemento.
  • Tras a extracción do fecaloma, é conveniente establecer un plan terapéutico para evitar a recidiva.
  • Os anciáns ou persoas encamadas ou cunha vida moi sedentaria, con patoloxía neurolóxica e os enfermos terminais son os máis propensos a padecer a impactación fecal. É necesario incidir en medidas preventivas, educando o paciente e a familia sobre a inxestión adecuada de líquidos, alimentación rica en fibras, e se é preciso o uso de laxantes.
  • Destacar que a utilización de sulfato de bario en determinadas probas diagnósticas pode agravar o endurecemento das feces.

Comentarios:
  • avatar Roberto Izquierdo dixo:
    luns, 28 de decembro 2020 ás 10:56
    Si hay expulsión de gases es porque no hay obstrucción?
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde