Temperatura rectal

0 comentarios comentarios

Temperatura rectal

.

 

  1. Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
  2. Identificarnos con nome e apelidos.
  3. Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.
  4. Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcar a súa utilidade, usar unha linguaxe comprensible e resolver as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos explicarlle o procedemento aos pais (Categoría IB).
  5. Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.
  6. Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
  7. Realizar hixiene de mans con solución hidroalcohólica segundo procedemento. Non é preciso o uso de guantes agás existencia de feridas ou risco de exposición a fluídos corporais. A suor non é considerada de risco biolóxico.
  8. Proceder á toma da Tª.

 

Temperatura rectal
  • Asegúrese de que o aparato está preparado para este tipo de medición segundo as instrucións do fabricante.
  • Comprobar que o paciente non acaba de recibir un enema.
  • Pedirlle ao paciente que se coloque en decúbito lateral e que flexione a perna situada no plano superior. Expoñer o ano elevando a nádega superior coa man non dominante. Pedirlle ao paciente que realice unha inspiración profunda (reláxase o esfínter) e introducir o termómetro lentamente, sen forzar. Coloque na punta unha pequena cantidade de lubricante como vaselina.
  • Os bebés colócanse boca abaixo sobre unha superficie plana, cruzado sobre o seu regazo ou nunha mesa para cambiar cueiros. Separar as nádegas e inserir o extremo do bulbo do termómetro moi lentamente. Coloque a súa man o máis preto posible da cabeza do bebé, sobre a parte baixa das súas costas e separe as nádegas do bebé cos dedos índice e polgar. Utilizando a outra man, introduza suavemente o extremo do termómetro coa bola lubricada entre 1 e 2.5 centímetros ou apenas pasando o músculo do esfínter anal. O termómetro debe apuntar cara ao embigo do neno. Para que o termómetro se mova co bebé, suxéiteo cunha man sobre as nádegas do bebé. Utilice a outra man para tranquilizalo e evitar que se mova.
  • As consideracións de uso de termómetros electrónicos e dixitais son as mesmas que nos anteriores puntos en canto a seguir instrucións do fabricante no tocante á colocación e desbotado de fundas, limpeza e desinfección.
  • Consideración especiais do termómetro electrónico, só asegurar o contacto apropiado co tecido rectal inclinando lixeiramente a sonda despois da inserción; en canto á profundidade de inserción, seguir instrucións do fabricante.
  • No termómetro dixital debemos ter en conta que hai que inserir no extremo do recto aproximadamente 2-3 cm do bulbo de termómetro

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde