Temperatura oral
Con termómetro electrónico: Seguir as instrucións do fabricante, cando o aparato estea preparado, colocar a punta da sonda debaixo da lingua do doente, ao lado do freo, en calquera dos lados da boca, alcanzando a cavidade sublingual. Indicar ao doente que peche os labios arredor da sonda.
Manter a sonda na zona indicada, de forma que o seu extremo se encontre en contacto co tecido oral durante todo o proceso.
Esperar ata que o equipo indique que alcanzou a Tª final, retirar a sonda e expulsar a funda.
Con termómetro dixital: Colocar o termómetro debaixo da lingua e pechar a boca. Esperar a que pite e retirar, desinfectar e gardar.