OBXECTIVO XERAL
Estandarizar os criterios das actuacións dos profesionais para a toma da TA.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
1. Medir a presión exercida polo sangue sobre as paredes das arterias con relación á intensidade do fluxo sanguíneo.
2. Coñecer e valorar a presión/tensión arterial do paciente.
3. Detectar posibles alteracións na función hemodinámica do paciente.
4. Valorar a resposta do paciente ao tratamento.
DIAGNÓSTICOS DE ENFERMERÍA RELACIONADOS
Diagnósticos NANDA
− 00200 Risco de diminución da perfusión tisular cardíaca.
− 00029 Diminución do gasto cardíaco.