Procedemento. Adm. medicación vía rectal

0 comentarios comentarios

Procedemento. Adm. medicación vía rectal

fv

​  Procedemento

 
  1. Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
  2. Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.
  3. Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcando a súa utilidade, usando unha linguaxe comprensible e resolvendo as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos explicarlle o procedemento aos pais.
  4. Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.
  5. Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
  6. Seguindo os cinco principios correctos da administración da medicación verificar: fármaco, dose, vía, hora e paciente correcto. Asegurarse de que non existe contraindicación ou alerxia ao fármaco.  Seguimento e monitorización de posible reacción alérxica medicamentosa (RAM) ou efectos adversos (EA).
  7. Preparar a medicación para a súa administración de forma individualizada, e  a persoa  que a prepare será a encargada de administrala, exceptuados os casos de elaboración ou mestura por parte do servizo de farmacia.
  8. Realizar lavado hixiénico de mans ou uso de solución hidroalcohólica.
  9. Poñer luvas.
  10. Antes do inicio do procedemento, ofrecer a posibilidade de ir ao baño.
  11. Colocar o paciente na posición de Sims (decúbito lateral esquerdo coa perna dereita flexionada por riba da esquerda), sempre que sexa posible Anexo 1. GAL.JPGAnexo I.JPG
  12. Cubrir cunha saba de xeito que só queden expostas as nádegas para protexer a súa intimidade.
  13. En caso de administración dun enema, colocar un empapador para protexer a cama e, en caso de ser necesario, unha cuña.
  14. Separar as nádegas do paciente coa man non dominante expoñendo o ano. 
  15. Pedir ao paciente que realice inspiracións lentas e profundas para relaxar o esfínter anal.
  16. Introducir o supositorio co dedo índice ou cánula lubricada no recto suavemente e dirixilo en dirección ao embigo; no caso de administrar supositorio, superar o esfínter anal interno (uns 7 cms no adulto e uns 5 cm nos nenos).
  17. Retirar o dedo índice. Manter apertadas as nádegas do paciente ata que ceda o tenesmo rectal (dous ou tres minutos).
  18. Indicar ao paciente que reteña a medicación; se non aguanta o espasmo, ou en pacientes pediátricos, apertaremos as nádegas. Para favorecer a retención do enema, colocar o paciente en decúbito lateral esquerdo; para expulsalo cambiaremos a decúbito lateral dereito. 
  19. Pedir ao paciente que permaneza deitado en decúbito lateral ou supino durante uns dez ou quince minutos para que se absorba o medicamento. Estas posturas favorecen a retención do supositorio. 
  20. Unha vez rematado, limpar a zona rectal e permitir que o enfermo descanse nunha posición cómoda.
  21. Recoller o material usado e desbotalo no contedor axeitado.
  22. Retirar as luvas e hixienizar as mans.  

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde