Procedemento de adm. de medicación IM

Procedemento de adm. de medicación IM

.

 Antes da administración
1. Seguindo os cinco principios de administración da medicación, verificar: fármaco, dose, vía, hora e paciente correcto. Asegurarse de que non existe contraindicación ou alerxia ao fármaco (grao B)
2. Comprobar a data de caducidade (grao B)
3. Presentarse e identificarse.
4. Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Sergas.
5. Respectar a intimidade do enfermo e gardar a confidencialidade dos seus datos.
6. Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcando a súa utilidade, usando unha linguaxe comprensible e resolvendo as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos explicarlle o procedemento aos pais (grao B)
7. Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.
8. Asegurar que todo o equipamento necesario está á man.
 
       Administración da medicación
9. Hixiene de mans rutineiro ou uso de solución hidroalcohólica (grao A nivel I)
10. Preparar a medicación que se vai administrar. Comprobar integridade do fármaco e a ausencia de partículas en suspensión. (GAL. Anexo 1.pdfAnexo.pdf). Algúns medicamentos están dispoñibles en xeringas precargadas e débense seguir as instrucións do fabricante.
11. Se procede, desbotar a agulla utilizada no recipiente de material punzante ou cortante.
12. Conectar a agulla de calibre adecuado para a súa administración (nivel IV).
13. Determinar co paciente a área para administrar a medicación: dorsoglútea, ventroglútea, vasto lateral externo ou deltoide11-17 (GAL. Anexo 2.pdf Anexo.pdf).
14. Colocar o paciente na posición axeitada para acadar a relaxación da zona muscular elixida.
15. Palpar a zona de punción para descartar hematomas ou signos de endurecemento ou infección (nivel IV).
    • Aplicar presión manual no lugar da inxección dez segundos antes de inserir a agulla (nivel IV).
    • No caso de aplicar antiséptico sobre a pel (ver parte de observacións), realizar movementos en espiral cara a fóra e deixar secar o tempo necesario segundo o produto utilizado.
    • Inserir a agulla na profundidade desexada, nun ángulo de 90° cun  movemento rápido e seguro, coa agulla separada de xiringa ou coa agulla e a xiringa conectadas (nivel IV) (ver anexo III).
 
             Anexo 3 GAL.JPG
 
 
    • Executar succión (5-10 segundos) na inxección na rexión glútea, debido á proximidade da arteria glútea. Non é necesario noutras áreas (nivel IV). No caso de aspirar sangue, retirar a agulla e reiniciar o procedemento cun novo equipamento estéril.
16. Administrar lentamente o medicamento, preto de 10 segundos por ml, para permitir que sexa absorbido polo músculo14. 
17. Retirar a agulla rapidamente no mesmo ángulo en que foi inserida.
18. Aplicar celulosa ou gasa seca e exercer presión na zona, sen masaxear.
19. Desbotar a agulla no recipiente de material punzante ou cortante, e o resto do material.
20. Realizar hixiene de mans con xabón ou con solución hidroalcohólica.
21. Valorar a tolerancia e os posibles efectos adversos e comunicarllos ao médico, se os houber.
22. Asinar a administración da medicación no lugar correspondente e rexistrar as incidencias no caso de producirse.