Para ter en conta. Adm. medicación por vía inhalatoria

1 comentarios comentarios

Para ter en conta. Adm. medicación por vía inhalatoria

.

 

  • A principal desvantaxe de medicación vía inhalatoria é a dificultade de administrala correctamente.´Existe un elevado risco de incumprimento terapéutico asociado a este tipo de tratamento. Polo que se recomenda seleccionar o dispositivo en base ás características do paciente e non ao revés. (Nivel I)
  • A clasificación de intervencións de enfermería (NIC) determina que a administración de medicación inhalada require polo menos 15 min.
  • Existen un gran número de inhaladores no mercado, cada un coas súas particularidades de uso; neste procedemento tratamos os pasos fundamentais pero é imprescindible seguir as instrucións do fabricante de cada inhalador.
  • É importante gardar sempre os inhaladores coa tapa colocada para que non entren na boquilla partículas de pó.
  • O enxaugue da boca despois de tomar a dose correspondente é fundamental, sobre todo no caso de corticoides inhalados; este enxaugue minimiza o risco de micose oral.
  • A principal vantaxe do ICP é o baixo fluxo respiratorio (20-30 l/min) que precisa polo que pode ser empregado en crises de broncoespasmo.
  • Os ICP son multidose e poden empregarse con cámara espaciadora.
  • Os ICP que conteñen formoterol deben manterse en frío (0-4ºC) ata que se usen por primeira vez. Antes de administralo hai que esperar ata que acade a tª ambiente. Durante o seu uso poden conservarse fóra da neveira ata un máximo de 3 meses. (Nivel V).
  • Os IPS son activados pola inspiración do paciente polo que precisan un fluxo inspiratorio de entre 30-60l/min.
  • Nos IPS o fármaco está nunhas cápsulas no interior do dispositivo; para liberalo a cápsula introdúcese nun oco ao efecto e ao pechar perfórase e xa se pode inhalar o fármaco. Non voltear o dispositivo unha vez perforada a cápsula para que non caia o pó.
  • A inspiración rápida necesaria nestes dispositivos dá lugar a un movemento da cápsula do pó que fai un ruído característico, o cal lle  indica ao paciente que a manobra se fixo correctamente.
  • Os IPS nunca deben limparse con auga porque se queda humidade no sistema pode apelmazar o pó do fármaco.
  • A principal vantaxe é que a técnica resulta máis sinxela ca outras e a percepción da inhalación é agradable (sabor doce). Entre as desvantaxes está que non se poden acoplar ás cámaras e que son moi pequenos e de difícil manexo para persoas con dificultades de movemento nas mans.
  • As vantaxes dos IVS son a súa técnica máis sinxela ca os ICP, que ten un contador de doses restantes (cando se acaban o sistema queda bloqueado de maneira que non é posible facer novas inhalacións sen fármaco), que se pode acoplar a cámaras e se non se fai o xiro correcto é imposible inhalar. Como inconveniente sinalamos que o cartucho coa medicación non ven no dispositivo e hai que cargalo, o que pode resultar complicado para pacientes de idade avanzada.
  • No caso das cámaras espaciadoras, a principal vantaxe é que non é necesario coordinar a inhalación coa activación do inhalador, xa que se pode activar e realizar varios ciclos respiratorios completos dentro da cámara polo que son idóneas para persoas incapaces desta coordinación como nenos, anciáns ou persoas con demencia. Tamén diminúen o impacto farínxeo.
  • As cámaras actuais tamén teñen unha válvula unidireccional que fai que o fármaco absorbido dende o interior da cámara non se pode exhalar de volta.
  • A súa principal desvantaxe é a alta electricidade estática que xeran polo que non se recomenda frotalas durante a limpeza e o secado. Lavar sempre por inmersión en auga morna con xabón neutro e deixar escorrer e secar ao aire(Nivel I).
    As cámaras espaciadoras deben ser polo menos de 100-700 ml de volume e ter unha distancia de 10-13 cm entre a boquilla do inhalador e a boca do paciente. (Nivel I).
  • O uso de nebulizadores tipo jet con osíxeno a alto fluxo en pacientes con patoloxía respiratoria crónica hipercápnica pode producir desaturación de osíxeno.
  • En pacientes que precisan ventilación mecánica é posible administrar medicación inhalada con ICP ou nebulizadores empregando adaptadores. Recoméndase os ICP fronte ás nebulizacións. (Nivel V). Recoméndase o uso de cámaras espaciadoras adaptadas á liña inspiratoria xa que esta técnica é máis efectiva que a aplicación directa no tubo endotraqueal. Debemos sincronizar o pulsación coa fase inspiratoria do respirador.
  • No caso das nebulizacións non hai un consenso firme, empregándose como norma xeral conexións en T.
  • En pacientes con traqueostomía, as nebulizacións poden administrarse por dous sistemas, cunha máscara colocada directamente sobre o estoma ou cunha peza en T cunha conexión para o paciente. É mellor esta última porque a medicación adminístrase directamente na cánula de traqueostomía. Os ICP adminístranse mediante unha cámara espaciadora conectada ao paciente cunha peza en T. (Nivel V).
  • En pediatría este tipo de terapia debe administrarse con cámaras espaciadoras, restrinxindo o emprego de nebulizacións. A administración é máis efectiva cando o neno está tranquilo, inhala menos se está chorando. Debido a que os nenos inhalan polo nariz, é posible administrar un fármaco con cámara espaciadora e máscara aínda que o neno teña posto o chupete. (Nivel I).
     

Comentarios:
  • avatar spend time every day reading other blogs. Prymlriai, I search for blogs centered or focused on baby boomers, light on the topic or subject side, heavy on the fun side. Believe or not, not too many exist, or I dixo:
    xoves, 6 de xullo 2017 ás 02:44
    spend time every day reading other blogs. Prymlriai, I search for blogs centered or focused on baby boomers, light on the topic or subject side, heavy on the fun side. Believe or not, not too many exist, or I
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde