OBXECTIVO
Obxectivo xeral:
Estandarizar os criterios de actuación dos profesionais para administrar por vía intramuscular a medicación prescrita.
Obxectivos específicos:
Administrar con seguridade os fármacos a través da vía intramuscular.
Prever posibles complicacións derivadas da administración de fármacos por vía intramuscular.
Diagnósticos de enfermería relacionados
Diagnósticos NANDA - 00004 Risco de infección
- 00047 Risco de deterioración da integridade cutánea
- 00132 Dor aguda
- 00206 Risco de sangrado
- 00217 Risco de reacción alérxica
- 00248 Risco de deterioración da integridade tisular