Definicións. Adm. medicación vía sublingual

Definicións. Adm. medicación vía sublingual

Administración de medicamentos: Introdución dun fármaco no organismo con fins terapéuticos ou diagnósticos pola vía e na dose e pautas posolóxicas adecuadas para conseguir a máxima eficacia co mínimo risco.

 

 

Biodispoñibilidade: é a medida da cantidade do ingrediente farmacéutico activo (fármaco) que se absorbe a partir dun medicamento e a velocidade que alcanza na circulación sistémica e faise dispoñible no lugar de acción.

 

 
Erro de medicación:  calquera incidente previsible que poida causar  dano  ao paciente ou dea lugar a unha utilización inapropiada dos medicamentos, cando estes están baixo o control dos profesionais sanitarios ou do paciente. Estes incidentes poden estar relacionados coa práctica profesional, cos procedementos ou cos sistemas, incluíndo fallos na prescrición, comunicación, etiquetaxe, envasamento, denominación, preparación, dispensación, distribución, administración, educación, seguimento e utilización.

 

 
Evento adverso medicamentoso (EAM): calquera lesión resultante do uso de medicamentos, incluídos danos físicos, mentais ou a perda de función.
 

 

Principio activo: toda substancia ou mestura de substancias destinadas á fabricación dun medicamento e que, ao seren utilizadas na súa produción, se converten nun compoñente activo do dito medicamento destinado a exercer unha acción farmacolóxica, inmunolóxica ou metabólica co fin de restaurar, corrixir ou modificar as funcións fisiolóxicas, ou de establecer un diagnóstico.
 
Vía sublingual: Vía de administración na que o fármaco, depositado debaixo da lingua, se absrbe pola mucosa sublingual, accedendo pola vea cava á aurícula dereita. Ao evitar o seu paso intestinal e hepático, conséguese un efecto máis rápido e intenso que é útil en situacións agudas.