Definicións adm. medicación intramuscular

1 comentarios comentarios

Definicións adm. medicación intramuscular

.

Biodispoñibilidade: é a medida da cantidade do ingrediente farmacéutico activo (fármaco) que se absorbe a partir dun medicamento e a velocidade que alcanza na circulación sistémica e se fai dispoñible no lugar de acción.
Evento adverso medicamentoso (EAM): calquera lesión resultante do uso de medicamentos, incluídos danos físicos, mentais ou a perda de función.
Ianus: Historia clínica electrónica do Servizo Galego de Saúde.
Medicamento: substancia ou combinación de substancias con propiedades para o tratamento ou prevención de enfermidades en seres humanos ou en animais, ou que pode administrarse co fin de restaurar, corrixir ou modificar as funciones fisiolóxicas, exercendo unha acción farmacolóxica, inmunolóxica ou metabólica, ou de establecer un diagnóstico.
Principio activo: toda substancia ou mestura de substancias destinadas á fabricación dun medicamento e que, ao seren utilizadas na súa produción, se converten nun compoñente activo do dito medicamento destinado a exercer unha acción farmacolóxica, inmunolóxica ou metabólica co fin de restaurar, corrixir ou modificar as funcións fisiolóxicas, ou de establecer un diagnóstico.
Vía intramuscular: Vía de administración a través da musculatura esquelética que se utiliza para administrar fármacos líquidos ou suspensión que se absorben mal ou se degradan facilmente cando son administrados por vía oral; tamén se utiliza en pacientes cirúrxicos ou con vómitos, e para asegurar o cumprimento terapéutico. Conséguese un efecto rápido, xa que a rica vascularización do músculo permite unha rápida absorción, excepto cos medicamentos de liberación lenta, que logran un efecto máis prolongado.
 

Comentarios:
  • avatar Life is short, and this article saved vallubae time on this Earth. dixo:
    xoves, 6 de xullo 2017 ás 02:56
    Life is short, and this article saved vallubae time on this Earth.
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde