Procedemento actualizado en 2022.
Este procedemento pretende documentar as accións que se van realizar para a administración segura e eficaz dos medicamentos por vía rectal con fins terapéuticos, preventivos ou diagnósticos.
A vía rectal é anatomicamente o segmento terminal do tubo dixestivo (15-19 cm).Ten unha estrutura que consta dunha capa serosa peritoneal, unha túnica muscular, unha capa submucosa (irrigada polo plexo venoso hemorroidal) e unha capa ou túnica mucosa.
A absorción do fármaco realízase a través do plexo hemorroidal, o cal evita en parte o efecto de primeiro paso ou paso polo fígado, antes de incorporarse á circulación sistémica.
A vía rectal é especialmente útil nas seguintes situacións:
Paciente incapaz de inxerir a medicación por vía oral.
Medicamentos que irriten a mucosa gástrica ou que son destruídos polas encimas dixestivas.
Medicamentos que polo seu sabor ou olor son intolerables pola vía oral.
Tes mais información sobre o procedemento nos distintos apartados da información asociada.
AUTORAS:
Basanta Basanta, Aida. Enfermeira. Centro de saúde de Mondoñedo. XAS Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
Castro Murias, María del Mar. Supervisora Medicina Preventiva Hospital Universitario Lucus Augusti. XAS Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
Jiménez Díaz, Lidia Raquel. Enfermeira Hospital Universitario Lucus Augusti. XAS Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
Martínez López, Ángeles. Supervisora Calidade Hospital de Monforte. XAS Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
Pérez Rodríguez, María Teresa. Enfermeira Hospital de Monforte. XAS Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
Vázquez Martínez Ana. Supervisora Calidade Hospital da Mariña. XAS Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
REVISORES:
Mª Carmen Méndez de León. Enfermeira unidade da dor. Área Sanitaria de Vigo.
Pedro Pita Miño. Enfermeiro Cirúrxia-Dixestivo. Área Sanitaria de Ferrol.
Mónica Mª Aneiros Castro. Enfermeira unidade psiquiatria. Área Sanitaria de Ferrol.
Francisco Javier Lage Rial. Enfermeiro unidade de esterilización. Área Sanitaria de Ferrol.
Bermejo Montero, Lourdes. Enfermeira UCI . Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
Dapena Álvarez, María José. Enfermeira de Urxencias. Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
Gómez Espinosa, Rebeca María. Enfermeira da Unidade de Calidade. Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
Pérez Dinamarca, Andrea del Pilar. Enfermeira especialista Pediatría UCI-P. Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.