Administración de medicación por vía rectal

3 comentarios comentarios

Administración de medicación por vía rectal

Procedemento actualizado en 2022.

 

Este procedemento pretende documentar as accións que se van realizar para a administración segura e eficaz dos medicamentos por vía rectal con fins terapéuticos, preventivos ou diagnósticos.
A vía rectal é anatomicamente o segmento terminal do tubo dixestivo (15-19 cm).Ten unha estrutura que consta dunha capa serosa peritoneal, unha  túnica muscular, unha capa submucosa (irrigada polo plexo venoso hemorroidal) e unha capa ou túnica mucosa.
A absorción do fármaco realízase a través do plexo hemorroidal, o cal evita en parte o efecto de primeiro paso ou paso polo fígado, antes de incorporarse á circulación sistémica.
A vía rectal é especialmente útil nas seguintes situacións:

  • Paciente incapaz de inxerir a medicación por vía oral.
  • Medicamentos que irriten a mucosa gástrica ou que son destruídos polas encimas dixestivas.
  • Medicamentos que polo seu sabor ou olor son intolerables pola vía oral.

Tes mais información sobre o procedemento nos distintos apartados da información asociada.

AUTORAS:

  • Basanta Basanta, Aida. Enfermeira. Centro de saúde de Mondoñedo. XAS Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
  • Castro Murias, María del Mar. Supervisora Medicina Preventiva Hospital Universitario Lucus Augusti. XAS Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
  • Jiménez Díaz, Lidia Raquel. Enfermeira Hospital Universitario Lucus Augusti. XAS Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
  • Martínez López, Ángeles. Supervisora Calidade Hospital de Monforte. XAS Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
  • Pérez Rodríguez, María Teresa. Enfermeira Hospital de Monforte. XAS Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
  • Vázquez Martínez Ana. Supervisora Calidade Hospital da Mariña. XAS Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.

REVISORES:

  • Mª Carmen Méndez de León. Enfermeira unidade da dor. Área Sanitaria de Vigo.
  • Pedro Pita Miño. Enfermeiro Cirúrxia-Dixestivo. Área Sanitaria de Ferrol.
  • Mónica Mª Aneiros Castro. Enfermeira unidade psiquiatria. Área Sanitaria de Ferrol.
  • Francisco Javier Lage Rial. Enfermeiro unidade de esterilización. Área Sanitaria de Ferrol.
  • Bermejo Montero, Lourdes. Enfermeira UCI . Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
  • Dapena Álvarez, María José. Enfermeira de Urxencias. Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
  • Gómez Espinosa, Rebeca María. Enfermeira da Unidade de Calidade. Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
  • Pérez Dinamarca, Andrea del Pilar. Enfermeira especialista Pediatría UCI-P. Área Sanitaria de  Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Comentarios:
  • avatar Carllos dixo:
    luns, 28 de agosto 2023 ás 16:08
    Puede llegar la medicación endorrectal a incorporarse al torrente circulatorio prostático?
  • avatar Elver G. dixo:
    domingo, 21 de agosto 2022 ás 00:00
    Esta es la única forma (para mí) de administrarme medicamentos como el Naproxeno Sódico, Aspirina o Ibuprofeno, que en mi caso me tiran en cama hasta 2 días debido al dolor de estómago. Es incómodo y tardado de preparar, pero es muy efectiva forma de medicarse sin padecer úlceras
  • avatar sol dixo:
    sábado, 31 de agosto 2019 ás 17:14
    tiempo de administracción de un enema
Publica o teu comentario
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde